Na Biblioteca temos unha selección de libros que tratan da amizade e do amor. Neste taboleiro de pinterest que seguiremos ampliando, podedes seguir algúns dos que atopamos, tanto para os máis pequenos coma para os de primaria. Todos eles son fermosos e poéticos libros, con diversos enfoques sobre o amor e fermosas ilustracións que vos engancharan ata o final.
Tamén, estos días, o alumnado de primaria está a traballar con textos, poemas e citas sobre o amor. Cando rematen xa vos contaremos como lles foi.
PALABRAS DE AMOR E AMIZADE NOS LIBROS |
No hay comentarios:
Publicar un comentario