27 nov. 2015

Xosé Neira Vilas, un rapaz de aldea.

    “Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén…” con estas palabras comeza o libro máis lido e traducido da literatura galega  “Memorias  dun neno labrego” desde a súa publicación en 1961.  D. Xosé-Balbino foi testemuño da vida rural en Galicia nun tempo pasado, pero non tan lonxano, no que decía que "a pesar da fame, das zocas, das carenzas e necesidades, os rapaces eran moi vitais e espabilados"


    Falaba desa época cunha entrañable mestura de retrato realista da vida rural, a emigración e o recordo sentimental da infancia. Durante décadas este libro foi unha lectura cotiá para os alumnos nas escolas galegas. 

  O escritor, Xosé Neira Vilas, que seguía moi activo como narrador, periodista, ensaísta e poeta, visitando colexios (entre eles o noso!) e recibindo moitas homenaxes nos últimos meses, finou esta noite aos 87 anos  na súa casa de Gres, en Vila de Cruces...... Balbino  seguirá vivo para sempre mentras teña lectores.  


    O venres 9 de decembro de 2011, Don Xosé VISITOU O CEIP A MAÍA e os nenos e nenas do 3º ciclo tiveron o privilexio de compartir uns entrañables momentos co autor do chamado best seller galego.   E aínda onte mantivo unha conversa telefónica cos rapaces e rapazas de 6º !
 
     Na visita que nos fixo andivo polos corredores do colexio  onde os titores e os alumnos lle foron amosando unha  parte dos  traballos que tiñan expostos. Falou con rapaces e profes e adicoulles os seus libros.  Podedes ver máis información desta visita premendo nesta ligazón. Tedes tamén nesa entrada o video que fixo o profe Paco durante a visita.
   Adicándonos o mural que fixeron os rapaces de 6º. Está na entrada do colexio.


Durante a charla na Biblioteca:


 Unha primeira edición das memorias de Balbino coa ilustracións de Díaz Valiño.




     A mellor HOMENAXE que lle podemos facer é coller de novo As memorias dun neno labrego, as cartas a Lelo, Aqueles anos do Moncho, Espantallo amigo, O cabaliño de buxo, A marela Taravela, Contos vellos pra rapaces novos ...
 

No hay comentarios: