O 14 de outubro celébrase o Día das Escritoras unha iniciativa da Biblioteca Nacional, a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e
Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas (CyM) coa intención de difundir o legado cultural das escritoras hispanas e hispanoamericanas,
recordar as dificultades ás que se enfrontaron e destacar o valor das
súas obras.
Propoñémosvos darlle unha ollada aos títulos de escritoras que poidades ter pola casa, nas Bibliotecas próximas e na nosa mesma Biblioteca... a ver que atopades!
Na rede podedes atopar moitas listas, por exemplo esta de escritoras galegas... que está a medrar:
Rosalía de Castro, Concepción Arenal y Emilia Pardo Bazán- María Victoria Moreno- An Alfaya · Ana Romaní · Andrea Maceiras · Antía Otero · Ánxela Gracián · Arantza Portabales · Aurora Marco · Begoña Caamaño · Begoña García-Alén · Berta Dávila · Dolores Vilavedra · Dores Tembras · Eli Ríos · Emma Pedreira · Emma Ríos · Estibaliz Espinosa · Eva Moreda ·Exeria - Felicia Estevez Salazar · Filomena Dato · Fina Casalderrey · Helena Villar Janeiro · Inma Lopez Silva · Iolanda Zuñiga · Ledicia Costas · Luisa Villalta · Luz Pozo · Margarita Ledo · Maria Canosa · Maria do Cebreiro · María Mariño- Maria Reimondez · Maria Yañez Anllo · Marica Campo · Marta Dacosta · Mercedes Queixas · Rexina Vega · Rosa Aneiros · Rosario Alvarez · Rosalia Fernandez Rial · Teresa Moure · Úrsula Heinze · Xohana Torres · Xulia Pisón · Xulia Vicente · Yolanda Castaño etc ....
Outra posible lista é esta de 60 escritoras-españolas, desde a idade media...
Ou esta outra de escritoras españolas actuais...
E VÓS, A QUEN TEDES NAS VOSAS BIBLIOTECAS ???
CAL É A VOSA LISTA???
No hay comentarios:
Publicar un comentario