Andando pola rede Leodoro atopa cousas moi interesantes como a que se conmemora no día de hoxe. Seguramente tedes pasado por diante desta pedra conmemorativa situada en Ortoño no lugar do Castro... Nela conmemórase o nacemento do Seminario de Estudios Galegos fai 86 anos tal día coma hoxe.
Nun blog moi interesante que recolle a Historia Local de Ortoño e a Maía podedes ler a historia detrás da pedra:
"....o día da Virxe do Pilar de 1923, un grupo de alumnos e profesores da
Universidade de Santiago, movidos polo interese do estudio da cultura
galega en tódolos seus eidos, xuntáronse no lugar de O Castro, na nosa
parroquia de Ortoño, para fundaren unha institución que se dedicase á
investigación e difusión da lingua e cultura galegas. Nacía así o
Seminario de Estudios Galegos LER MÁIS +
No hay comentarios:
Publicar un comentario