27 abr 2018

Os Bolechas e o voluntariado

  A Concelleira de Voluntariado, Isabel González, e o técnico municipal de Voluntariado, Rubén Ramos, entregaron nos centros de Educación Primaria e nas bibliotecas municipais do Concello, un novo libro dos Bolechas centrado no mundo da acción voluntaria para dar a coñecer o significado do compromiso social e da solidariedade. Ler toda a información na páxina do Concello, premendo AQUÍ.

   Algúns dos voluntarios da Biblioteca recollendo os libros de man da Concelleira e o técnico municipal.
"OS BOLECHAS APRENDER A SER PERSOAS VOLUNTARIAS"

   O libro está editado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia e quere ser unha guía didáctica coa que achegar aos pequenos o mundo do voluntariado para lograr que se comprometan e participen, na consecución dunha sociedade máis xusta e igualitaria.




26 abr 2018

Remodelación na Biblioteca

    Fai uns días o Equipo de Dinamización fixemos unha gran  remodelación na Biblioteca, repoñendo mobles para ampliar a nosa capacidade e reubicando libros...
 
   Houbo que pechar durante uns días para colocar todo...
   Foi imprescindible a axuda dos alumnos colaboradores da Biblioteca!
 
E, por certo, ese refrán que dí que "o saber non ocupa lugar"... anda un chisco descamiñado.
Así estaban as zonas remodeladas, aínda sin libros...

Pasade a visitarnos: así quedaron agora estas zonas!


25 abr 2018

Animación á lectura


   Fai uns días alumnos de 6º  que colaboran na Biblioteca pasaron por clases de primeiro para ler un conto aos nenos.




13 abr 2018

XIX SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

 

  Se tedes ocasión de achegarvos a Pontevedra, queremos recomendarvos as actividades previstas no XIX SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.
   Con este cartel a viguesa Ana Villegas, gañou o 1º Concurso Internacional de Ilustración do Salón que se celebra do 6 ao 29 de abril co lema "Mulleres de Conto". O certame, con participantes de moitas partes do mundo, foi convocado por Galix e polo Concello de Pontevedra.

  • Contacontos, obradoiros gastronómicos, visitas guiadas polo salón

  •  cine, espectáculos musicais, concertos....

  • presentación de libros, sinaturas, obradoiros a partir dos 3 anos...

  O tema desta XIX edición do salón é "MULLERES DE CONTO" e con el pretenden render homenaxe ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil: desde os personaxes dos contos ata as autoras, editoras, ilustradoras, profesoras, bibliotecarias...

"Escritoras, ilustradoras, nais, madrastras e avoas que contan contos para ir durmir, editoras, narradoras, mestras, bibliotecarias, libreiras, mediadoras, impresoras, distribuidoras, encadernadoras, deseñadoras, tradutoras, xornalistas, animadoras, xestoras, investigadoras, protagonistas (que loitan por dárlle a volta ao conto), personaxes eternamente secundarias, fadas e princesas (que non o queren ser), mouras, sereas, bruxas, lavandeiras, e tantas outras....."

 

6 mar 2018

Día Internacional da Muller

    CONMEMORACIÓN:

  " O día Internacional da Muller que se celebra o 8 de marzo, conmemora a loita da muller pola súa participación na sociedade en condicións de igualdade co home e o seu desenvolvemento integro como persoa.
       En España, o 8 de marzo de 1910 ten significado especial, pois a partir dese día a muller puido acceder ao Ensino Superior, cando se aprobou unha real orde que autorizou "por igual a matrícula de alumnos e alumnas" pouco despois de que a galega Emilia Pardo Bazán fose nomeada conselleira de Instrución Pública. Anteriormente, as pioneras de finais do século XIX comezaran a ir á Universidade pois non existía ningunha lei en contra. Non estaba prohibido, ao principio, porque simplemente ninguén pensara, xamais, que unha muller quixese estudar ou que o necesitase para ser unha boa nai e esposa..."


    É un proxecto da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. A través del trátase de dar visibilidade ás contribucións das mulleres en todos os ámbitos de relacións sociais. O Álbum de mulleres ten como obxectivo recuperar e facilitar o acceso á información, imaxes, traballos e traxectorias das mulleres galegas ou relacionadas con Galicia. É un centro de documentación dixital que pretende divulgar e servir como ferramenta de traballo na investigación ou no ensino.

 E para pensar a través da imaxe e do humor, deixovos estas viñetas de Forges e de Davila:


 




E estas fermosas obras de Leandro Lamas



O que pasa é que ao longo da Historia,  como decía Quino en boca de Mafalda:
PERO HOXE:



4 mar 2018

Rosalía vive no Ceip A Maía

  Mostra dos poemas de Rosalía de Castro que ilustraron os alumnos. Están  pendurados polo patio de entrada  do noso colexio, situado no medio das terras que a inspiraron e que a escritora percorreu desde o seu nacemento en  1837 no Camiño Novo, do Concello de Conxo, hoxe Praza de Vigo do Concello de Santiago de Compostela ata o seu pasamento en Padrón no ano 1885.



premer AQUÍ
Estos traballos dos alumnos, promovidos polo EDNL, tamén están expostos na entrada do colexio.






26 feb 2018

Rosalía tamén vive aquí!

  Baixo este lema os centros escolares de Ames lembramos a Rosalía. O curso pasado plantamos nos patios camelias da variedade que leva o nome da escritora e este ano quixemos darlle vida aos seus versos con debuxos dos alumnos nunha actividade organizada polo EDNL do Concello de Ames. Elaboramos carteis en cada aula que foron pendurados polos nenos e nenas nos portais dos edificios para abrir a celebración a toda a veciñanza.




19 feb 2018

Día Internacional da Sindrome de Asperger



  Este domingo 18 de febreiro de 2018 celébrase desde fai once anos o Día Internacional da Síndrome de Asperger.


   Ese mismo día  de 1906, naceu en Viena (Austria) o neurólogo Hans Asperger coñecido polos seus estudos sobre distintas alteracións psíquicas e comportamentales, principalmente dos nenos.  Polas súas investigacións o síndrome de Asperger foi denominado co seu nome.


   A
Síndrome de Asperger  é un trastorno do neurodesarrollo que comparte as características do autismo e está dentro dos TDA. A persoa con Síndrome de Asperger ten dificultades na comunicación social e na flexibilidad de pensamento e comportamento, aínda que a súa linguaxe é fluído e ten unha capacidade intelectual media e, ata, superior á media da poboación.


     “Esta síndrome afecta con diferente intensidade a cada unha das persoas. Procesan de forma atípica estímulos de carácter social como a mirada, a inflexión de voz, etc., e cústalles moito entender os convencionalismos e a intencionalidad da conduta das demais persoas. Os nenos con Asperger aférranse á verdade comprobable e foxen de abstracciones, xa que teñen dificultade para manexar conceptos simbólicos complexos. O control dos tempos e da orde en que se presentan as cousas é fundamental para eles. Aínda que a súa maior dificultade será sempre a comunicación e as relacións con outras persoas que, moitas veces, non toleran as súas repetitivos intereses restrinxidos e a súa marcada obsesividad. Aínda que non hai deficiencia intelectual nin un atraso significativo na adquisición da linguaxe, son frecuentes as alteracións cognitivas, perceptivas, sensoriais e dificultades na organización e planificación das condutas”. Citado de “Autismo Diario”.


   Hoxe foi o seu día internacional, fagamos entre todos que os días sexan máis fáciles.


  SABÍAS QUE algunhas das mentes máis brillantes de toda a historia posúen a síndrome de Asperger? Poida que che sorprenda, pero xenios coma Albert Einstein, empresarios como Bill Gates, futbolistas como Messi  ou artistas como Adele ou Steven Spielberg  padéceno. Podes coñecer máis sobre estas persoas famosas clicando AQUÍ.



4 feb 2018

BIBLIOPAZ 2018

  Achegándonos ao Día da Paz, o Equipo de Dinamización da Biblioteca preparou un recanto fora do noso espazo físico no primeiro andar ao que lle chamamos BIBLIOPAZ para compartir uns momentos de lectura con libros sobre os valores, os dereitos, a paz e a convivencia.