Se tedes ocasión de achegarvos a Pontevedra, queremos recomendarvos as actividades previstas no XIX SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.
Con este cartel a viguesa Ana Villegas, gañou o 1º Concurso Internacional de Ilustración do Salón que se celebra do 6 ao 29 de abril co lema "Mulleres de Conto". O certame, con participantes de moitas partes do mundo, foi convocado por Galix e polo Concello de Pontevedra.
Contacontos, obradoiros gastronómicos, visitas guiadas polo salón
cine, espectáculos musicais, concertos....
- presentación de libros, sinaturas, obradoiros a partir dos 3 anos...
O tema desta XIX edición do salón é "MULLERES DE CONTO" e con el pretenden render homenaxe ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil: desde os personaxes dos contos ata as autoras, editoras, ilustradoras, profesoras, bibliotecarias...
"Escritoras, ilustradoras, nais, madrastras e avoas que contan contos para ir durmir, editoras, narradoras, mestras, bibliotecarias, libreiras, mediadoras, impresoras, distribuidoras, encadernadoras, deseñadoras, tradutoras, xornalistas, animadoras, xestoras, investigadoras, protagonistas (que loitan por dárlle a volta ao conto), personaxes eternamente secundarias, fadas e princesas (que non o queren ser), mouras, sereas, bruxas, lavandeiras, e tantas outras....."
No hay comentarios:
Publicar un comentario