A Concelleira de Voluntariado, Isabel González, e o técnico
municipal de Voluntariado, Rubén Ramos, entregaron nos centros de
Educación Primaria e nas bibliotecas municipais do Concello, un novo
libro dos Bolechas centrado no mundo da acción voluntaria para dar a coñecer o
significado do compromiso social e da solidariedade. Ler toda a información na páxina do Concello, premendo AQUÍ.
Algúns dos voluntarios da Biblioteca recollendo os libros de man da Concelleira e o técnico municipal.
"OS BOLECHAS APRENDER A SER PERSOAS VOLUNTARIAS"
O libro está editado pola
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de
Galicia e quere ser unha guía didáctica coa que achegar aos pequenos o mundo do voluntariado para lograr que se comprometan e participen, na consecución dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario