25 oct 2016

Lugares literarios no día das Bibliotecas


  O pasado 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Para conmemoralo o Equipo da Biblioteca propuxo que cada clase pensase LUGARES LITERARIOS: sitios onde pasan os contos, as historias e aventuras que máis nos gustan. Despois tiñan que FACER SINAIS co destino escollido para colocalo nun POSTE INDICADOR. Tanto eles coma os maiores de primaria fixeron unha busca de sitios literarios e este foi o resultado. Grazas a todos por colaborar!

 Estos son os sinais realizados en primaria.

 
 


 
 
 Estos son os realizados en infantil.


    Nos blogs de infantil podedes ver máis información sobre a implicación dos pequenos nesta actividade:   
Unha presada de ollomaos de 6ºA cóntanos como viaxaron "moi, moi lonxe".
A clase de Chanclas de 5ºA   a súa aventura "no bosque do lobo e os porquiños".
E a clase de 6ºC dinos como traballaron coas letras para facer o sinal da "granxa"





  Agora só queda seguir os sinais ata estos DESTINOS LITERARIOS!




2 comentarios:

Anónimo dijo...

la actividad de las señales de caminos para lugares fantásticos me parece muy interesante!

LEODORO dijo...

O resultado quedou moi bonito, pero ademáis o traballo que tiña detrás para buscar lugares literarios tamén foi moi interesante. Sobre todo para os nenos de infantil xa que ao principio non eran tan conscientes de coñecer esos lugares. Despois xa pensaron en moitos máis.