A Literatura Infantil e Xuvenil está de noraboa: Fina Casalderrey, docente e escritora, será a quinta muller académica na Real Academia Galega. A escritora, gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 1996, e foi candidata en dúas ocasións ao Premio Astrid Lindgren (chamado o "Nobel de la literatura infantil") otorgado cada ano polo goberno de Suecia a un autor de literatura infantil e xuvenil, a un ilustrador ou a un promotor da lectura, de calquer país do mundo.
Cito aquí o artigo publicado onte pola Asesoría Bibliotecas Escolares : "A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria. Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!".
para saber máis de Fina Casalderrey clica aquí |
Un anaco da súa biografía contada por ela mesma na súa páxina persoal: "Nacín en Xeve (Pontevedra). A miña infancia desenvolveuse entre Xeve e Lérez (onde vivo actualmente) nun ambiente rural que paulatinamente vaise facendo semiurbano, urbano... Xa case non falamos entre a veciñanza, polas mañás mestúranse os trinos dos paxaros coas bucinas e rouquéns dalgúns coches... O saco da miña nenez está cheo de vivencias, para min, entrañables.
Cando aprendín a utilizar a palabra, pedín unha irmá. Insistinlles moito a meus pais para que fosen á feira a comprarma antes de que se esgotasen as mellores. Tardaron case oito anos en me facer caso, pero á fin trouxéronma e fun a nena máis feliz do mundo... ler máis +
Cando aprendín a utilizar a palabra, pedín unha irmá. Insistinlles moito a meus pais para que fosen á feira a comprarma antes de que se esgotasen as mellores. Tardaron case oito anos en me facer caso, pero á fin trouxéronma e fun a nena máis feliz do mundo... ler máis +
No hay comentarios:
Publicar un comentario