“Onde hai unha biblioteca, hai unha luz que traspasa todos os muros. Coma un faro, expande ao seu redor ondas de imaxinación e liberdade”
Agustín Fernández Paz
"InnovArte Infantil" premio Francisco Giner de los Ríos
A nosa compañeira de Infantil Isabel Abelleira e a súa irmá Ángeles Abelleira (do CEI do Milladoiro), acaban de recibir polo traballo realizado no seu blog "Innovarte Educación Infantil", un prestixioso recoñecimento educativo de ámbito estatal, o premio Francisco Giner de los Ríos, que por segundo ano consecutivo ven para Galicia. Este galardón otórgase a traballos e experiencias pedagóxicas de profesores pola mellora da calidade educativa.
Noraboa polo premio!
Para os que aínda non coñezades o blog, Isabel e Ángeles seguen un esquema no que teñen as entradas clasificadas según varias categorías:
-ActualizArte: publicacións, artigos e blogs relacionados coa etapa infantil
-AlfabetizArte: experiencias referidas ao traballo coa escrita.
-CautivArte: actividades relacionadas coa arte, con artistas e sobre a experiencia plástica e artística.
-Recomendarte: publicacions da Xunta de Galicia dirixidas a profesorado de educación EI -Gallego: acceso ao blog en lingua galega. -LegislArte: enlaces á lexislación en vigor en Galicia para la etapa infantil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario