27 ene 2013

Lembrando a Valentín Paz Andrade

    Como iniciamos un ano novo, quero deixar aquí a entrada adicada a Valentín Paz Andrade que tíñamos nunha das nosas páxinas. Este ano o homenaxeado pola REAL ACADEMIA GALEGA será o compostelán Roberto Vidal  Bolaño. En próximas entradas ao longo do curso  tentaremos achegalo aos nosos alumnos. 

   A Real Academia Galega (RAG) homenaxeou durante o ano pasado no Día das Letras Galegas ao político, xurista e escritor pontevedrés Valentín Paz Andrade (Lérez,1898-Vigo,1987).  Os membros da  Academia valoraron así a súa traxectoria «como creador, periodista, empresario e, sobre todo, como home comprometido co país e coa lingua» e destacaron asimesmo «a súa tremenda contribución á modernización do periodismo en Galicia». 

         RECURSOS E INFORMACIÓN :

        UNHA PEQUENA BIOGRAFÍA:

       Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago no 1981, Paz Andrade achegouse ao movemento galeguista durante a súa etapa de estudante. No inicio da súa traxectoria profesional, foi director do xornal galeguista Galicia entre 1922 e 1926, ano en que foi pechado pola dictadura do xeneral Primo de Rivera. Despois da caída do réxime, presidiu o Grupo Autonomista Galego (1930) e, xunto con Castelao e Ramón Cabanillas, foi candidato ás Cortes Constituintes no 1931 e membro activo do Partido Galeguista, do que foi nomeado secretario xeral tres anos despois.
 
      Durante a  Guerra Civil, Paz Andrade axudou a fuxir e defendeu a moitos intelectuais galeguistas. A súa actividade política e a publicación dalgúns artigos propiciaron que fora detido en diversas ocasións.
       As súas colaboracións foron frecuentes nos xornais El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e en La Noche.

escultura na praza de San Xosé en Pontevedra

       
     Os seus textos literarios, históricos e económicos reflicten a súa preocupación polo progreso e avance de Galicia   O escritor e político pontevedrés tamén cultivou o xénero poético, deixando achegas como Soldado da Morte (1921); Pranto Matricial (1954) ou Cartafol de Homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1985).. Entre os seus títulos máis coñecidos figuran Galicia como tarea (1959), La anunciación de Valle Inclán (1967), La marginación de Galicia (1970) ou Galiza lavra a sua imagem (1985). Entre os seus compañeiros de tertulia en Vigo estaban os irmáns Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez e os pintores Laxeiro e Carlos Maside, entre outros.

       Foi director de revísta Industrias Pesqueiras. Avogado de prestixio en Vigo, foi un dos impulsores do grupo industrial Pescanova, que converteu na primeira compañía armadora europea de buques conxeladores, e da que foi vicepresidente (1960). Traballou tamén como técnico da FAO, coa que participou en diversos congresos e seminarios, e para a que publicou o primeiro tratado sobre Principios de economía pesqueira (1954). Ademais, foi o primeiro especialista español proposto por esta organización para misións internacionais en Hispanoamérica.
         Coa chegada da democracia, a súa labor política volveu ser importante, chegando a ser elexido senador por Pontevedra nas eleccións do 1977.  Morreu en Vigo en maio do 1987.
       Para  coñecer máis detalles da súa vida e obra podemos consultar o artigo da    Wikipedia





  • «Dada la identidad estructural que conservan el portugués y el gallego, recíprocamente inteligibles. Se trata de una lengua con la cual pueden entenderse hoy millones de personas, aunque lo hablen con distinto acento o escriban de forma diferente cierto número de vocablos. En el cómputo se comprenden las poblaciones de Galicia, Portugal con sus colonias, y Brasil.  El mapa del idioma de Camóes y Rosalía se extiende a cuatro  continentes." (está citado de Galicia como tarea (1959). Buenos Aires.  Ediciones Galicia. )











  • Estatuas de  Alexandre Bóveda (1903-1936), Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950), Manuel Quiroga (1892-1961 [con violin]), Valentín Paz-Andrade (1899-1987), Carlos Casares (1941-2008) e Ramón Cabanillas (1876-1959), realizadas polo escultor  César Lombera na praza de San Xosé de Pontevedra
    ..........................................................................................................

    No hay comentarios: