Ben é certo que o 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller Traballadora, pero todos sabemos que non é só un día senón todo o ano. Igual pasa o 23 de abril co Día do libro.
E por eso este ano todos os alumnos fixeron un gran traballo de
investigación sobre as mulleres, os seus logros e traballos ao longo do
tempo.
Os máis pequenos con axuda das familias partiron das mulleres máis cercanas a eles, as súas superheroinas: nais, avóas, tías, irmáns...
Os maiores foron ampliando e buscaron mulleres galegas, españolas e internacionais, por todolos campos: ciencia, investigación, literatura, cine, música, deporte, danza, pintura, tecnoloxías... de onte e de hoxe.
Todos estes traballos foron postos finalmente en formato libro e agora están expostos na Biblioteca: á vosa disposición. E tamén premendo en cada portada.
Non están todas as que son, pero sí són todas as que están!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario