Dentro das actividades organizadas polo Equipo de Dinamización da Biblioteca, o pasado 17 de abril os nenos de infantil e os de 3º de primaria, tiveron a visita da narradora e escritora Charo Pita
quen coa palabra, con rimas, xogos vocais, cancións e narrativa de
contos tradicionais e outros, fíxonos pasar unha sesión moi divertida!.
Os nenos escoitaron a Charo fascinados de principio a fin. Esta actividade tamén está na web do colexio e nos blogs de infantil.
Neste video tedes uns anaquiños "para abrir boca" coa actuación de Charo Pita cos pequenos de infantil:
Unha montaxe coas fotos da actuación de Charo Pita cos nenos de infantil e os de 3º de primaria.
E de remate, o maravilloso silencio que queda depois de escoitar tantos contos!
Algúns dos contos que nos contou Charo:
- Quén pode vencer ao vento?. Charo Pita. (OQO)
- Maxia. Charo Pita (OQO)
- El ratón que quería un palacio. Charo Pita (Ed Malas Compañías)
- ¿Un caracol? de Guido Genechten (Ed Edelvives) (Fíxolle unha canción)
- Cucú tras de animales del mar (Ed SM) un conto tradicional africano dos animáis do mar.
- Pío, pío, diversión pop up (Ed Combel) utilizou as imaxes para a historia do pitiño que foi buscar o arco da vella para devolverlle o sorriso á lúa.
- Velliñas. Charo Pita (OQO)
No hay comentarios:
Publicar un comentario