30 mar 2011

DISCURSO DE INAUGURACIÓN DUNHA BIBLIOTECA ...


FEDERICO GARCÍA LORCA

   "MEDIO  PAN  E  UN  LIBRO"

   Nesta ocasión desde a Biblioteca do colexio queremos compartir con todos o discurso pronunciado por *Federico  García Lorca* no ano 1931, cando tivo a ocasión de inaugurar a Biblioteca do pobo de Granada onde nacera o 5 de xuño de 1898, Fuente Vaqueros. No discurso fai unha reivindicación dos libros e da cultura como unha das necesidades fundamentais do ser humano, por diante de calqueira outra necesidade material... Para ler o discurso picade no enlace e para coñecer máis datos sobre o poeta picade no seu nome e na foto. Para ler os seus poemas, picade abaixo no enlace.

20 mar 2011

DÍA DO LIBRO


Miguel de Cervantes

       Dentro de pouco vaise celebrar o DÍA DO LIBRO. A orixe desta conmemoración remóntase a 1930.  A UNESCO escolleu o 23 de abril para render unha homenaxe mundial ó libro e ós autores, porque tal día coma ese, no ano 1616, morrían os dous xenios máis grandes da literatura universal : Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Pretendía a Unesco por unha parte animar a todos a descobrir a ledicia de ler  e por outra destacar a contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

William Shakespeare




Para coñecer a orixe desta celebración en España picade aquí


      No Ceip "A Maía" para conmemorar esta data imos realizar una serie de actividades de animación á lectura. Si abrides a páxina "os nosos lectores" poderedes ver unha delas: son as recomendacións feitas polos rapaces dos seus libros favoritos. Esperamos que vos gusten.

7 mar 2011

NOMINACIÓN PARA O PREMIO HANS CHRISTIAN ANDERSEN

NOMINACIÓN PARA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


      A  OEPLI (Organización Española Para Libro Infantil y Juvenil) , como sección española deste Organismo Internacional, é a encargada de propor aos candidatos españois ao prestixioso premio HANS CHRISTIAN ANDERSEN  considerado o premio Nobel da Literatura Infantil. Para 2012 preséntanse as candidaturas do escritor Agustín Fernández Paz e do ilustrador Javier Zabala.