Tríptico coas recomendacións de Nadal elaborado polas Equipos de Dinamización das Bibliotecas Escolares da Maía. Inclue libros, cortos de animación, películas e documentais. Desde os máis pequenos ata os alumnos de bachillerato...
Páginas
- Páxina principal
- Galería fotos colexio
- Guías de lectura
- Editoriais
- Guía de usuarios
- Xornais do mundo
- Symbaloo
- Autores e ilustradores
- Recursos na rede
- Revistas escolares
- Aviso: dispositivos bio-ópticos
- Alumnos
- Lectores-autores
- Seguridade na rede
- Historias de libros
- O IES DE AMES
- Documentos
- Libros que nos gustan!
- Apoiando ás unitarias
- A PAZ NON É COUSA DE UN DÍA!
- A PAZ NAS BIBES DO PLAMBE
- O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG
- BIBLIOTECAS DE AMES
- DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
18 dic 2016
Guía de Nadal
Tríptico coas recomendacións de Nadal elaborado polas Equipos de Dinamización das Bibliotecas Escolares da Maía. Inclue libros, cortos de animación, películas e documentais. Desde os máis pequenos ata os alumnos de bachillerato...
16 dic 2016
Dramatización: "Ambrosio limpador de estrelas". Colaboradores
Esta semana fixose á presentación da DRAMATIZACIÓN do conto "Ambrosio, limpador de estrelas" coas voces dos alumnos de 6º de primaria que colaboraron este trimestre na Biblioteca. Ao longo da semana fixéronse varios pases para todos os alumnos do colexio. Grazas a todos os que colaboraron na realización do video!
Video coa dramatización do conto do pequeno limpador de estrelas realizado polo compañeiro Paco Fontarigo. Podedes velo tamén no seu blog.
Os alumnos de infantil de 3, 4 e 5 anos foron os primeiros en visionalo, esta é unha montaxe coas fotos da sesión de presentación para os máis pequenos.
9 dic 2016
XELA VOLVEUSE VAMPIRA: A VIOLENCIA DE XÉNERO
O alumnado de 6º traballou sobre a VIOLENCIA DE XÉNERO a través do libro "XELA VOLVEUSE VAMPIRA" que lles recomendou o Equipo da Biblioteca. Un libro da escritora Fina Casalderrey coas ilustracións de Noemí López editado por Bahía na colección Contos da Igualdade.
O texto leuse nas aulas de 6º ao longo da semana, gustoulles moito e foi unha maneira xenial de tomar conciencia e achegarse a un tema tan duro.
Ademáis fixéronse resumes e ilustracións, algunhas das cales están nesta presentación. Nas demáis aulas de primaria, traballouse o tema de xeito puntual.
PREMER AQUÍ PARA VER OS TRABALLOS |
4 dic 2016
Isabel e Angeles Abelleira Premio Marta Mata de Pedagoxía 2016
Acaba de concederse en Barcelona o prestixioso Premio de Pedagogía Marta Mata 2016 á nosa directora Isabel e á súa irmá Angeles Abelleira da EEI do Milladoiro polo libro “Os fíos de infantil. InnovArte Educación Infantil". Un
traballo que recolle algunhas das experiencias entre os máis de mil
post ao longo dos seis anos de publicación deste blog que é todo un referente na educación infantil e que será publicado en español pola editorial Octaedro, en catalán por Rosa Sensat e en galego pola editorial Galaxia.
Parabens ás dúas!
Deixo aquí o post que elas acaban de colgar no propio BLOG INNOVARTE no que contan a súa experiencia tanto no premio como ao longo dos anos na Educación Infantil.
E, coma sempre, podedes seguir INNOVARTE desde a ligazón no lateral dereito.
A nova foi salindo ao longo da semana tanto na prensa catalana como na galega, nestas ligazóns: La Vanguardia , Faro de Vigo, Diari de l´Educació , e no Correo gallego así como na web de Rosa Sensat.
2 dic 2016
Os alumnos de 5º cóntannos os Dereitos Humanos
Un traballo realizado polos alumnos e alumnas de 5º de primaria no que se achegan aos DEREITOS HUMÁNS a partir de libros proporcionados polo Equipo de Dinamización.
Para saber máis sobre a Declaración de Dereitos podedes entrar na páxina da ONU.
A Declaración de Dereitos Humáns foi proclamada pola Asamblea Xeral
das Nacións Unidas o 10 de decembro
de 1948, en París, como ideal común polo que tódolos pobos e
nacións deben esforzarse.
Mediante esta Declaración, os Estados comprometéronse a
asegurar que tódolos seres humáns, ricos e pobres, fortes e débiles,
homes e mulleres, de tódalas razas e relixións, son tratados iguais.
Por desgraza non temos máis que mirar arredor para ver que aínda falta moito para acadar este obxectivo....
Para lembrárnolos os rapaces de 5º realizaron un mural que está exposto na Biblioteca.
20 nov 2016
VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia
Este fin de semana, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, tiveron lugar as VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, a cita anual do profesorado interesado polas bibliotecas escolares, a lectura e as competencias en medios e información.
E, como nas edicións anteriores, o Equipo da nosa Biblioteca estivo alí. LER MÁIS + NA WEB DO PLAMBE
14 nov 2016
Día das libreirías en Urueña
As libreirías
españolas celebraron o pasado venres 11 do 11 por sexta vez o DÍA DAS LIBREIRÍAS.
Como os lectores que entran nelas, todas son diferentes: hainas grandes e
pequeñas, de centros comerciais e de barrio, temáticas, de viaxes, de idiomas,
para adultos e para pequeños, de novedades, de deseño, de vello (con ese olor
tan peculiar a papel usado e que suxiren historias pasadas, tanto dentro do libro
como ao propio libro e aos seus anteriores donos...). Algunhas incluso ofrecen
espazos de lecer para ler (curioso que se parezan tanto dúas palabras) ou para
un café. Pero todas teñen algo en común: o amor dos seus donos polos libros.
Fai uns días tiven a ocasión de visitar Urueña, una pequeña
vila medieval amurallada de Valladolid cun Castelo do século XI, onde se celebra este día dun xeito moi especial, xa que cos seus pouco máis de 100 habitantes ten en cambio máis dunha ducia
de librerías, sendo así a vila con máis librerías por habitante de España (polo
menos!).
Urueña conta ademáis con varios museos e zonas de actividade cultural. É
Biblioteca de Castilla e Vila do libro por iniciativa da Diputación provincial,
que en 2007 fundou a primeira Vila do Libro de España. En Urueña, que foi declarada
Conxunto Histórico-Artístico no ano 1975 e pola que é un
pracer pasear, vas atopando en cada curro unha librería tras outra, todas
fermosas e diferentes. Unha magnífica maneira de homenaxear a libros, lectores e libreirías...
E, por certo, o venres 11 foi "o día das libreirías".... pero igual que cando se celebran outros "días de... ", lembremos que o resto dos días do ano as libreirías tamén están abertas para entrar e disfrutar e sempre é un pracer unha conversa cun libreiro ou libreira para que nos recomende un bo libro...
13 nov 2016
Leonard Cohen e a poesía
Fai uns días, cando nos sorprendeu o Nobel de literatura a
Bob Dylan, outro músico sonaba tamén como candidato ao mesmo premio: Leonard
Cohen, que acaba de morrer esta semana. Outro poeta da música que, este sí,
escribeu libros. Recitaba máis que cantaba as súas letras tristes e ainda que se manifestaba desencantado co mundo mantiña a esperanza na xente. O que coñeza as letras de Leonard Cohen recoñecerá nelas a poesía.
Leonard
Cohen que naceu en Montreal (Canada) en
1934 nunha familia inmigrante de orixe polaco e lituano, primeiro escribeu durante anos: poesía e incluso
alguna novela. Despois dedicouse á música. Visitou España, amaba a poesía de Federico
García Lorca e aprendeu a tocar a guitarra
española...
Moito se está a contar estos días da súa carreira: os maiores coñecerán a súa música dende fai anos e aos máis pequenos sorprenderíalles saber que tamén a escoitaron: a canción Hallelujah sonaba película Shreck! Premer aquí para ver a escena e escoitar a canción!
Aquí tedes un enlace para escoitar a Leonard Cohen
premer aquí para escoitar a canción |
As
derradeiras frases da canción definen a este poeta triste e agora soan a
despedida:
I've done my best I know it wasn't much
I couldn't feel so I learned to touch
I've told the truth
I didn't come here to London just to fool you
And even though it all went wrong
I'll stand right here before the lord of song
With nothing nothing on my tongue but Hallelujah
_________________________________________________
Eu
fixeno o mellor que souben, non foi moito
Eu non
podía sentilo, así que aprendín a tocar
Eu
dixen a verdade
Non vin
a Londres só para enganar
E aínda
que todo saleu mal
Vou
quedar aquí diante do Señor da Canción
con nada de nada na miña lingua, excepto Hallelujah....
25 oct 2016
Lugares literarios no día das Bibliotecas
O pasado 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Para conmemoralo o Equipo da Biblioteca propuxo que cada clase pensase LUGARES LITERARIOS: sitios onde pasan os contos, as historias e aventuras que máis nos gustan. Despois tiñan que FACER SINAIS co destino escollido para colocalo nun POSTE INDICADOR. Tanto eles coma os maiores de primaria fixeron unha busca de sitios literarios e este foi o resultado. Grazas a todos por colaborar!
Estos son os sinais realizados en primaria.
Estos son os realizados en infantil.
Nos blogs de infantil podedes ver máis información sobre a implicación dos pequenos nesta actividade:
Unha presada de ollomaos de 6ºA cóntanos como viaxaron "moi, moi lonxe".A clase de Chanclas de 5ºA a súa aventura "no bosque do lobo e os porquiños".
E a clase de 6ºC dinos como traballaron coas letras para facer o sinal da "granxa"
Agora só queda seguir os sinais ata estos DESTINOS LITERARIOS!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)