Nayra Prado González, de 10 anos e alumna de 6º, foi a gañadora do primeiro premio no Iº Concurso Infantil de Dibuxo Reciclar en Compostela, convocado por La
Voz de Galicia e patrocinado por Urbaser. Manuel Mosquera Dapena, de 12
años, que acaba de pasar ao instituto, tamén foi finalista no mesmo concurso. Nayra participou cun despregable sobre a imaxe da Terra cunha mensaxe para fomentar a reciclaxe dos residuos e Manuel (que xa ten experiencia en esto de ir gañando concursos, sobre todo literarios) dibuxou o Paseo da Ferradura da Alameda. Parabéns a ambos.
Páginas
- Páxina principal
- Galería fotos colexio
- Guías de lectura
- Editoriais
- Guía de usuarios
- Xornais do mundo
- Symbaloo
- Autores e ilustradores
- Recursos na rede
- Revistas escolares
- Aviso: dispositivos bio-ópticos
- Alumnos
- Lectores-autores
- Seguridade na rede
- Historias de libros
- O IES DE AMES
- Documentos
- Libros que nos gustan!
- Apoiando ás unitarias
- A PAZ NON É COUSA DE UN DÍA!
- A PAZ NAS BIBES DO PLAMBE
- O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG
- BIBLIOTECAS DE AMES
- DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
23 sept 2015
20 sept 2015
BENVIDOS AO CURSO 2015-2016!
Iniciamos un novo curso con máis de 650 alumnos e alumnas e as súas familias, 42 profes e ademáis unha nova direción. Isabel, Rosa e María levan desde o seu nomeamento preparando un proxecto para o Ceip A Maía. Na web do colexio podedes ler completa a súa "carta de navegación", unha declaración de intencións para unha escola que debe transformarse acorde cos cambios que están a darse na sociedade para construir un futuro viable.
Desde o Equipo de Dinamización con Teresa (coord.), María F., Maca, Rosa, Loli, Carmen, Mercedes, Marta, Rosana, Natalia e Miguel intentaremos levar a cabo a parte que nos corresponda neste proxecto e facer da Biblioteca un espazo de colaboración entre todo o colexio.
Escollo aquí os principais puntos da carta escrita pola nova directora: (ler o texto completo na web do colexio +)
- "A educación é a forza do futuro.
- "Temos que modificar o noso pensamento para adaptarnos aos cambios do mundo.
- "Desde a escola pública, temos que ofertar unha educación de calidade acorde cós tempos.
- "Temos que reconsiderar a organización do coñecemento derribando as barreiras tradicionais entre as disciplinas.
- "Acadar para os alumnos o máximo desenvolvemento das súas capacidades individuais e sociais, garantindo a igualdade de oportunidades, prestando os apoios necesarios.
- "Fomentar a colaboración familia-profesorado para construír un entorno de aprendizaxe rico e motivado.
- "Queremos un centro onde a participación de todos os sectores da comunidade educativa estean presentes nos proxectos e programas didácticos que se realicen.
- "Queremos que a adquisición dos valores de solidariedade, compañeirismo, respecto ás diferenzas e xenerosidade cos máis débiles sexa unha pauta de conduta e identidade do centro e así favorecer a integración de todo o alumnado.
- "Queremos xestionar dunha maneira imaxinativa e correcta os recursos cos que a Administración nos dota.
- "Todo isto tennos que levar a conseguir un centro onde teñamos as condicións idóneas para que o alumnado poida desenvolver as súas capacidades naturais nas mellores condicións ao longo da súa etapa escolar."
12 sept 2015
LETRAS, NÚMEROS, IMAXES E UN NENO NA PRAIA…
"rapaces na praia" de J.Sorolla |
Comezamos un novo curso rodeados como
sempre de letras e números: 1 novo
equipo directivo, porcentaxes, axustes
de horarios, recortes de mestres … un curso con 640 nenos, 75 deles nas clases
de 3 anos, 75 iniciandose en primaria, outros 70 que marcharon para o instituto… Facemos números para mercar roupa nova, materiais, mochilas, ordenadores…
Letras, números… e tamén imaxes que sacuden conciencias… A mín, como
a todos, deixoume sen fala 1 neno na praia
(...igual que os nosos pequenos) que xa non poderá coller as súas primeiras cores… 1 neno que debería estar xogando como os que pintou Sorolla...
Fálase agora de cuotas, pero son persoas,
17.000 que vai acoller o noso país, un reparto frío feito nas mesas dos
políticos, pero son millóns os desprazados, son millóns os que non teñen casa,
escola, comida, seguridade… millóns de pais e nais que acuden a nós fuxindo da
barbarie… buscando o mellor para os seus nenos, un refuxio.
E polo medio as teorías: dín que os nosos nenos non deberían estar expostos a esas duras imaxes , que se poden traumar, que o que teñen que facer é disfrutar. Igual sí…Ou non…Non podemos pechar os ollos diante de esos ollos que nos miran desde o outro lado da pantalla... Porque podían ser os nosos a través do espello…
E polo medio as teorías: dín que os nosos nenos non deberían estar expostos a esas duras imaxes , que se poden traumar, que o que teñen que facer é disfrutar. Igual sí…Ou non…Non podemos pechar os ollos diante de esos ollos que nos miran desde o outro lado da pantalla... Porque podían ser os nosos a través do espello…
Tamén eles tiñan unha familia, unha casa, unha escola, unha biblioteca, un conto favorito para
durmir… E os nosos nenos deben saber a sorte que teñen por nacer deste lado do
mundo no que os malos son o lobo de Carapuchiña e as bruxas do conto, no que, si
choran, mamá é papá non van ter mais medo que eles polo que lles poida pasar… no
que correr só é para seguir detrás dunha pelota ou ao pilla pilla… e non para
salvar a vida ou coller un bocadillo que che tiran polo aire.
Ensinámoslles a
sumar e a multiplicar, pero o mundo
tamén resta e divide… Mentras os nosos alumnos debuxan mapas na
clase de coñecemento, outros nenos atopan fronteiras de aramio, fronteiras debuxadas
para separarnos… Fronteiras entre o
norte e o sur, o este e o oeste, o 1º mundo
e o 3º mundo… Máis números... Cando en realidade só temos un mundo e todos
estamos xuntos nel…
Así que imos contar (e cambiar) o conto: “Fai
uns días un neno chegou á praia…
Suscribirse a:
Entradas (Atom)