21 feb 2013

ROSALÍA DE CASTRO

COUSAS QUE FOMOS ATOPANDO NA  REDE PARA CONMEMORAR O DÍA DE ROSALÍA




ROSALÍA DE CASTRO


E NA bIBLIOTECA DO CEIP SACO E ARCE DE TOÉN:
ESTE GLOGSTER (PUBLICADO POR CARMÉN RUBIO) 

Navegar pola rede


    Recollín nos Planetakis unha estupenda ferramenta para aprender a navegar pola rede con eficacia. Está  elaborada por Olga Rodríguez da Biblioteca do Ceip Milladoiro de   Malpica e Charo Sánchez-Gabriel responsable da Biblioteca do IES Sánchez Cantón de Pontevedra e  pretende  axudar ao alumnado a non perderse ao navegar por internet.
    Gracias a Olga e Charo por compartir o seu traballo!. 


17 feb 2013

O DÍA DE ROSALÍA NO CONCELLO DE AMES

      
 Estamos a piques de conmemorar os 176 anos do nacemento de  Rosalía de Castro, que veu a luz un 24 de febreiro de 1837 no Camiño Novo de Santiago de Compostela. Poeta e novelista tanto en lingua galega como española, é unha das escritoras máis importantes do século XIX, unha das figuras emblemáticas do "Rexurdimento galego" e precursora da poesía moderna española. A Asociación  de Escritores en Lingua Galega (AELG) solicitou aos Concellos que declarasen o 24 de febreiro como “Día de Rosalía de Castro” e  que o recollesen nas súas  programacións culturais.  E así é , este día está recollido oficialmente pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura e sucederánse conmemoraciones polas diferentes ciudades galegas.
  
       Dentro de estas celebracións, desde   o Concello de Ames están  preparando unha actividade para conmemorar o 176 aniversario do nacemento de Rosalía, unha das figuras claves da  literatura e a  historia de Galicia. A través do Equipo de Normalización Lingüística do colexio chegounos esta proposta do Servizo de Normalización do Concello para o día 24 na Casa da Cultura de Milladoiro.
     A actividade terá como obxectivo difundir a obra rosaliana, unha escritora moi vinculada ao noso concello, xa que viveu na aldea do Castro de Ortoño. O acto será na Casa da Cultura do Milladoiro ás 18.00 h e consistirá na lectura de textos de Rosalía e nun concerto de Roi Casal  (http://www.roicasal.com/) no que nos ofrecerá poemas de Rosalía  musicados.

  E como tamén, dentro de nada, vai ser o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, quérovos lembrar  a súa orixe, que está relacionada coa obra de Rosalía:


   "O 17 de maio de 1863 foi publicado, na imprenta de Juan Compañel en Vigo, o libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Neste ano de 2013 fanse, pois, 150 anos da edición desta obra considerada o texto fundacional da literatura galega moderna e pedra angular do noso renacemento cultural, o Rexurdimento. A data da súa edición foi tamén a escollida, por Francisco Fernández del Riego, para inaugurar, en 1963, a nosa celebración cultural máis importante: o Día das Letras Galegas."


Nasin cand' as prantas nasen,
No mes das froles nasin,
Nunh' alborada mainíña,
Nunh' alborada d' abril.
Por eso me chaman Rosa
Mais á dó triste sorrir
Con espiñas para todos
Sin ningunha para tí.
Dés que te quixen, ingrato,
Tod' acabou para min,
Qu' eras tí para min todo
Miña groria e meu vivir.
De que pois te queixas, Mauro?
De que pois te queixas, di,
Cando sabes que morrera
Por te contemplar felis?
Duro crabo me encrabaches
Con ese teu maldesir,
Con ese teu pedir tolo
Que non sei que quer de min,
Pois dinche canto dar puden
Avariciosa de ti,
O meu corason che mando
C' unha chave par' ó abrir,
Nin eu teño mais que darche,
Nin ti mais que me pedir.

(Rosalía de Castro)

8 feb 2013

UN CARRO POLA PAZ

                                               En estos tempos nos que é máis doado ver carros de combate nas diversas guerras que andan polo mundo, nós decidimos enviar polas clase un carro algo diferente: UN CARRO POLA PAZ. Anda dando voltas polas clases cargado de libros cheos de maravillosas historias que falan de PAZ, AMIZADE E SOLIDARIEDADE  e tódolos sentimentos positivos que levamos dentro pero que ás veces quedan agochados polos enfrentamentos, egoismos e actitudes negativas.
    O carro anda invadindo unha  aula cada día e debido a que polo piso de arriba vai chegar preto do 14 de febreiro, tamén engadimos nel historias de AMOR









   Estos son os libros que o equipo da Biblioteca pon á vosa disposición, si non os dades rematado cando invadan a vosa aula, xa sabedes que podedes pasar pola Biblioteca cando queirades, co servicio de empréstito  habitual... 

UN CARRO POLA PAZ - foto montaje