Este foi o proceso seguido na realización do mercadillo solidario que fixemos no colexio con motivo do Día do libro. Repetimos o agradecemento a todos aqueles que participaron, tanto na montaxe como aportando o material escolar.
Páginas
- Páxina principal
- Galería fotos colexio
- Guías de lectura
- Editoriais
- Guía de usuarios
- Xornais do mundo
- Symbaloo
- Autores e ilustradores
- Recursos na rede
- Revistas escolares
- Aviso: dispositivos bio-ópticos
- Alumnos
- Lectores-autores
- Seguridade na rede
- Historias de libros
- O IES DE AMES
- Documentos
- Libros que nos gustan!
- Apoiando ás unitarias
- A PAZ NON É COUSA DE UN DÍA!
- A PAZ NAS BIBES DO PLAMBE
- O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG
- BIBLIOTECAS DE AMES
- DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
29 may 2013
12 may 2013
MERCADILLO SOLIDARIO
En esta ocasión a noticia fomos nós, xa que O correo galego na sección de Terras de Santiago sacou o noso mercadillo solidario tanto en papel como na edición dixital. Unha idea solidaria compartida por moitas Bibliotecas do Plambe.
Como xa vos dixeramos en estas mesmas páxinas o mercadillo foi un éxito tanto de participación como de aportación de material escolar, que xa foi entregado a Cáritas Bertamiráns.
Repetimos as gracias a todos os que colaboraron e esperamos que o material conseguido sirva de apoio ás familias que o necesitan. Tamén esperamos que os nenos disfruten cos libros que "mercaron".
9 may 2013
FRANCESCO TONUCCI EN SANTIAGO
O martes, case 400 mestres estivemos na Cidade da Cultura escoitando a FRANCESCO TONUCCI, mestre, pedagogo e un dos máis importantes investigadores sobre a educación.
Subimos hasta o Gaiás a pesar do vendaval que zoaba con forza, xa que esperabamos oir de novo as propostas de Tonucci e da súa outra personalidade, o debuxante FRATO. Ideas e propostas que nos parecen sempre fantásticas e que aínda a estas alturas a moitos lles poden parecer utópicas.... Certamente son útópicas, porque non só implican un cambio na escola senón na sociedade, pero as ideas de Tonucci, expresadas ao seu xeito suave son, con todo, fortes coma o vento que zoaba fora e calan igual que a choiva que nos acompañou toda a tarde...
Ao longo da charla falou dunha escola desexada por todos, unha escola de todos e para todos, sen exclusións, que non alimente as diferencias, unha escola que prepare aos nenos para a vida, pero non dun xeito competitivo senon para que sexan felices no que son máis competentes. Unha escola que faga nenos que disfruten coa lectura e non nenos que só dominen a mecánica da lectura. Falou do xeito en que se traballa nas escolas e do cambio que precisan, da importancia do xogo para desenvolver a personalidade dos pequenos e da necesidade de adaptar as escolas ( incluso comos espazos físicos...) tendo en conta ritmos, habilidades, necesidades e intereses...
Tamén nos recordou o poema " as cen linguaxes do neno" de Loris Malagucci e finalmente citou a Plutarco que xa decía: os alumnos non son vasos baleiros "que temos que encher" senón "unha chama que hai que prender".
Falou das dificultades coas que se atopa a escola e os mestres, das sucesivas Leis de educación, do uso competitivo e productor de "efectivos útiles para o mercado laboral" no que se pretende convertir á escola ... e a pesar de todo, despois de escoitar a Tonucci, finalmente veume á cabeza unha frase que se dí moito nestes momentos de crise: SÍ SE PODE !
Só para ir reflexionando sobre elas, cito aquí algunhas das frases de Tonucci acompañadas de uns cuantos dos seus debuxos como Frato que fun lembrando despois de escoitalo.
4 may 2013
MERCADILLO DOS LIBROS SOLIDARIOS NA MAÍA
Estos días no Colexio fixemos o mercadillo de libros solidarios e os nenos puderon "mercar" os contos da "feira de libros" a cambio do material escolar aportado polas familias. A participación foi fantástica e o material recaudado será para Caritas Bertamiráns.
Para ver as fotos da participación na nosa particular feira do libro, clicade en cada un de estos smilebox, e abriranse nunha nova ventana .
A VISITA DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMARIA:
primeiros grupos:
Make your own digital slideshow seguintes grupos de primaria |
Free digital slideshow made with Smilebox Os pequenos de infantil tamén participaron no mercadillo de libros solidarios: OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3 ANOS |
This free slideshow made with Smilebox E REMATAMOS COA VISITA DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 4 E 5 ANOS |
This slideshow design customized with Smilebox |
2 may 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)