Páginas
- Páxina principal
- Galería fotos colexio
- Guías de lectura
- Editoriais
- Guía de usuarios
- Xornais do mundo
- Symbaloo
- Autores e ilustradores
- Recursos na rede
- Revistas escolares
- Aviso: dispositivos bio-ópticos
- Alumnos
- Lectores-autores
- Seguridade na rede
- Historias de libros
- O IES DE AMES
- Documentos
- Libros que nos gustan!
- Apoiando ás unitarias
- A PAZ NON É COUSA DE UN DÍA!
- A PAZ NAS BIBES DO PLAMBE
- O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG
- BIBLIOTECAS DE AMES
- DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
6 sept 2023
Benvidos ao novo curso 23-24
7 jun 2023
Arrecende a verán!
Xa recende
a verán e os libros tamén o saben. Seguro que xa tes preparado unha gran
cantidade de libros para que che acompañen durante este verán, pero se quedas sen
ideas, aquí deixamos unhas recomendacións.
Desexamos que este verán viaxes moito a través destas historias.
10 may 2023
SEMANA DO LIBRO
3 may 2023
TALLER DE RECICLAXE
Onte viñeron a visitarnos dúas persoas especialistas en reciclaxe. Ensináronos que é moito mellor
reutilizar materiais que tiralos ao lixo e cando non sexa posible tiralo ao contedor que indicado.
Logo tivemos a sorte de poder ver todos os materiais que realizaron.
Eran preciosos!
Moitas das persoas participantes levaron un montón de ideas para as súas mascotas.
25 abr 2023
BERTA DÁVILA E PERE TOBARUELA
As maiores e os maiores lectores do centro recibiron as visitas de dous grandes escritores: Berta Dávila
e Pere Tobaruela.
Antes desta visita o alumnado de 5º descubriu porque Demetrio perdeu a súa chispa. Segundo nos
contaron os e as grandes lectoras, un grande amigo de Demetrio chamado André fará todo o posible
para que a recupere. Que se lle pasará pola cabeza a André para poder axudar ao seu amigo?
Por outra banda, o alumnado de 6º de primaria, conseguiron resolver a “Misión Rosalía” xunto con
Formos4, Forx4n, Fornel4 e Form4il. Pere díxonos que este equipo de Formigas non é a primeira
vez que traballan de maneira conxunta para resolver estes misterios polo que agora quedamos con
moitas ganas de saber en que máis aventuras van a enfrascarse.
CINE CON PERSPECTIVA
O martes 25, o alumnado de 6º de Primaria, recibiu unha gran visita de dúas compañeiras coas que visualizamos 6 curtametraxes e logo falamos en profundidade sobre cada unha delas. Dúas delas temos a sorte de poder visualizalas máis veces.
As curtas foron as seguintes:
Island
On les cocodriles
The solohists
Spoon
Cua de Sirena
Purl
22 feb 2023
Respecto polas diferencias
O xoves, 26 de xaneiro, as alumnas e alumnos de 3ºC representaron unha pequena obra de teatro na biblioteca do centro. Titulábase "Respecto por las diferencias". Como público asistiron as aulas de primeiro, segundo e terceiro.
1 feb 2023
Que tempo vai hoxe?
Para atopar resposta a esta pregunta falade co alumnado de 4º de primaria e 6º de educación infantil, xa que dende o mes de xaneiro son unhas expertas e expertos en metereoloxía.
E como conseguiron isto?
Nada máis e nada menos que da man de Diego Viaño, presentar do tempo da TVG.
6º A e B de infantil estiveron moi atentas e atentos. Mirade ...
Aquí está o alumnado de 4º primaria.
18 ene 2023
Intercambio de postais
Nunhas datas moi especiais o alumnado de 3º e 4º de primaria intercambiaron postais na biblioteca.
Que se dirían? - Pregúntase Leodoro.