Páginas
- Páxina principal
- Galería fotos colexio
- Guías de lectura
- Editoriais
- Guía de usuarios
- Xornais do mundo
- Symbaloo
- Autores e ilustradores
- Recursos na rede
- Revistas escolares
- Aviso: dispositivos bio-ópticos
- Alumnos
- Lectores-autores
- Seguridade na rede
- Historias de libros
- O IES DE AMES
- Documentos
- Libros que nos gustan!
- Apoiando ás unitarias
- A PAZ NON É COUSA DE UN DÍA!
- A PAZ NAS BIBES DO PLAMBE
- O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG
- BIBLIOTECAS DE AMES
- DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
24 abr 2024
Día do libro 2024
Para conmemorar o Día do libro tivo no CEIP A Maía levamos a cabo varias iniciativas ao longo da semana do 22 ao 26 de abril.
En primeiro lugar, fixemos lecturas compartidas entre o alumnado das diferentes aulas e niveis, gozando dos libros como fonte de lecer. Aquí tedes unha escolma de fotografías:
Tamén invitouse ás familias a que viñeran a contar un conto nas aulas. Aquí tedes un exemplo nunha aula de 1º de primaria.
O alumnado de 5º e 6º preparou book-trailers das súas lecturas favoritas. Están terminando de rematalos así que teredes que esperar ao seguinte post para ver algunha mostra.
Ademais, o equipo da biblioteca preparou unha exposición sobre a historia do libro e un concurso que consistía en averiguar o motivo polo que se celebra o “Día do libro” na data do 23 de abril. Habilitouse un buzón de respostas e todo o alumnado participante levou un agasallo.
23 abr 2024
Visita de Pere Tobaruela
Coincidindo co Día do libro, o 23 de abril, o alumnado de 2º de primaria tivo a visita do escritor Pere Tobaruela. O autor de "Mariña e o balón", lectura que formou parte do itinerario lector para este curso, charlou animadamente cos nenos e nenas da súa obra. Aquí vos deixamos algunhas das imaxes dese día.
16 abr 2024
Psando a bóla con Xanela do Maxín
Neste martes o alumnado de 3º de primaria participou nunha proposta de
intervención escolar e social sobre o acoso, baseada no libro "A banda dos
insectos" de Celtia Figueiras. Esta actividade aborda o problema do bullying no
contexto escolar a través do xogo dramático para explorar posibles solucións a
través do teatro. Alumnado voluntario, colaborando como actores e actrices con
Xosé Vidal, da compañía de teatro Xanela do Maxín, escenificaron escenas
construídas especialmente para representar diversas manifestacións de acoso que
se poden chegar a dar nun centro educativo. Os rapaces e rapaces puideron
aportar solucións aos comportamentos observados. Finalmente, incorporáronse as novas propostas
como parte da actuación. Aquí vos deixamos unha escolma de fotografías para que
vexades en que consistiu.
11 abr 2024
Visita de Antía Yáñez
Hoxe recibimos na biblioteca do noso cole a Antía Yáñez, autora de Plan de rescate. Esta novela de literatura infantil e xuvenil recibiu o premio Agustín Fernández Paz pola igualdade ao presentar unha historia á vez divertida e trepidante; pero tamén conmovedora protagonizada por uns rapaces e rapazas con capacidades especiais. Como di unha delas, Noela, "prepárate para vivir unha aventura onde hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate; pero tamén un chisco de amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor". Aquí vos deixamos as fotografías dese día.
9 abr 2024
Visita de Andrea Maceiras
Esta mañá tivemos a visita de Andrea Maceiras na nosa biblioteca, autora da novela "Alma de elefante". O alumnado de 6º de primaria tivo o privilexio de intercambiar as súas impresións sobre este libro e coñecer máis fondamente a esta escritora. Deixámosvos aquí unha escolma de fotografías.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)