En 6º de primaria o relato gañador foi " A CASA DO XARDINEIRO" de Marco Gómez Toimil de 6º C que recibeu un
libro de agasallo. Premede na imaxe para ler os relatos escritos por Marco e os seus compañeiros.
Páginas
- Páxina principal
- Galería fotos colexio
- Guías de lectura
- Editoriais
- Guía de usuarios
- Xornais do mundo
- Symbaloo
- Autores e ilustradores
- Recursos na rede
- Revistas escolares
- Aviso: dispositivos bio-ópticos
- Alumnos
- Lectores-autores
- Seguridade na rede
- Historias de libros
- O IES DE AMES
- Documentos
- Libros que nos gustan!
- Apoiando ás unitarias
- A PAZ NON É COUSA DE UN DÍA!
- A PAZ NAS BIBES DO PLAMBE
- O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG
- BIBLIOTECAS DE AMES
- DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
31 dic 2020
Relatos de 6º curso para o Certamen de medo
Relatos de medo dos alumnos de 5º
En 5º de primaria, o relato gañador foi :"OS HORRORES" de Noa Planas Fernández de 5º A. Recibeu un libro de agasallo.
Premendo na imaxe podedes ler esta historia e as dos seus compañeiros .
30 dic 2020
5 relatos de medo dos alumnos de 4º
En 4 º de primaria os gañadores foron:
"O ciclo zombie" relato grupal de 4º B. Recibiron uns libros para a
aula.
"O Samaín terrorífico" de Sabela Míguez González de 4º D.
Recibeu un libro de agasallo.
Aquí están todos os relatos seleccionados e os dous agasallados.
29 dic 2020
Relatos de medo de 3º
Contos presentados polos alumnos de 3º para o Certame de relatos de medo do colexio. Podedes ler e ver os debuxos que fixeron premendo AQUÍ ou na imaxe de abaixo.
O relato gañador: "NUN PALACIO CHEO DE SANGUE" foi escrito por Paula Freire Buján de 3ºB. Recibeu un libro de agasallo.
Podedes ler o relato de Paula ampliando a imaxe.
28 dic 2020
Relatos de medo de 2º
2º de primaria _
O relato gañador foi: "O vampiro" de Martina Gigirey Rodríguez de 2ºB. Recibeu un libro de agasallo.
Ademais seleccionouse tamén o traballo colectivo "A casa encantada dos vampiros" dos alumnos de 2ºC, que recibiron uns libros para a aula. Premede na imaxe para poder leelo.
Premede AQUÍ ou na imaxe de abaixo para ver os relatos presentados polos alumnos de 2ºA
Os relatos de medo que presentaron os nenos e nenas de 2ºB están AQUÍ e podedes leelos premendo na imaxe.
A cabaza Pipa por 1ºA
A cabaza Pipa é un conto presentado polos alumnos de 1º A para o certamen de relatos de medo organizado polos equipos de Normalización e Biblioteca. Foron agasallados con libros para a aula e a cada neno e nena entregouselle un diploma de participación.
6 dic 2020
Traballos de infantil para o Certamen de medo
O xurado do "Certamen de debuxos e relatos de medo" seleccionou os traballos de debuxo en modalidade grupal de tódolos alumnos de infantil e agora estanse a expoñer na entrada do edificio. A cada aula agasallaráselle con un libros para a aula e a cada neno e nena daráselle un diploma de participación.
Este foi o resultado dos traballos dos pequenos, están ordenados de 3 a 5 anos:
4 dic 2020
Resultado do Certame de medo
Reunidos os membros do xurado para seleccionar os relatos gañadores do Certame de relatos de medo. Son os seguintes:
- Educación infantil _ Modalidade grupal: Debuxo
Seleccionáronse todos, e estanse a expoñer na entrada do edificio de educación
infantil, a cada aula agasallaráselle con un libros para a aula e a cada neno e
nena daráselle un diploma de participación.
- Educación Primaria: están expostos na entrada principal do edificio de primaria
- 1º de educación primaria_ Modalidade grupal
Seleccionáronse os tres presentados (un de cada aula), a cada aula agasallaráselle con un libros para a aula e a cada neno e nena daráselle un diploma de participación.
- 2º de primaria _
Relato gañador: "O vampiro" de Martina Gigirey Rodríguez de 2ºB.
Recibirá un libro de agasallo.
Ademais seleccionouse tamén o traballo colectivo "A casa encantada dos
vampiros" de 2ºC, que recibirán uns libros para a aula.
- 3º de primaria
Relato gañador: "Nun palacio cheo de sangue" de Paula Freire Buján de
3ºB. Recibirá un libro de agasallo
- 4º de primaria:
"O ciclo zombie" relato grupal de 4º B. Recibirán uns libros para a
aula
"O Samaín terrorífico" de Sabela Míguez González de 4º D.
Recibirá un libro de agasallo
- 5º de primaria:
"Os horrores" de Noa Planas Fernández de 5º A. Recibirá un libro de
agasallo
- 6º de primaria:
" A casa do xardineiro" de Marco Gómez Toimil de 6º C. Recibirá un libro de agasallo
18 nov 2020
Certame de relatos e debuxos de medo
Estamos a punto de rematar co CERTAME DE RELATOS E DEBUXOS DE MEDO convocado polos Equipos da Biblioteca e de Normalización Linguística. Xa foron chegando desde as titorías e agora farase a lectura previa para despois publicalos no blog e na web do colexio.
Grazas a todos por colaborar!
29 oct 2020
Uso da Biblioteca neste curso
Unha vez reunido o equipo da Biblioteca e despois co acordo do Claustro, decídimos que de momento este curso non poderemos empregar a biblioteca tal como se viña facendo ata agora por varios motivos:
1. O principal é pola seguridade do alumnado, xa que no colexio estanse a realizar obras dende o curso pasado. Estase construíndo un novo espazo de comedor, polo que nos vimos na obriga de ceder o espazo físico da biblioteca para os usuarios do mesmo e facer o traslado provisional a un espazo novo. O novo espazo que tiñamos ata agora destinado á biblioteca é moi reducido e non podemos manter as distancias de seguridade establecidas no protocolo Covid-19.
2. O que sí realizaremos será o préstamo de libros físico para as aulas, para os mestres que o desexen, onde serán os propios titores os encargados de regular o seu uso atendendo ás normas sanitarias derivadas da situación epidemiolóxica na que estamos inmersos.
3. A biblioteca escolar intentará adaptarse á nova situación incorporando ao noso fondo libros dixitais e celebrando as diferentes conmemoracións establecidas no calendario escolar regulado pola ORDE do 25 de xuño pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/ 2021 nos centros sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
4. As actividades que se propoñan dende o equipo de biblioteca para a celebración de ditas conmemoracións serán de xeito telemático para o que se empregarán tanto este blogue como a web do centro ou aulas virtuais.
5. Por outra banda ao reorganizar as sesións lectivas para incluír un tempo específico para tarefas de hixiene, aseo e desinfección, houbo que prescindir do tempo "específico" para a “Hora de ler”, pero cada titor buscará en que sesión lectiva (relacionada coas linguas) acae mellor facela, polo que terá que ser integrada nesas horas lectivas.
27 jun 2020
17 may 2020
Lois fálanos de Ricardo Carvalho Calero
13 may 2020
Os contos favoritos de 5ºC de Infantil
12 may 2020
Dioramas de contos de 5ºA de infantil
23 abr 2020
O día do libro dos nenos e nenas de 1ºB
21 abr 2020
Contacontos coa profe Estela!
Cóntanos dous contos: "Un libro" de Hervé Tullet e "Voy a comedte" de Jean Marc Derouen.
Conto: "Tí es o meu heroe"
4 abr 2020
Plataforma dixital GaliciaLe
premede AQUÍ para acceder á plataforma |
21 mar 2020
POESÍA CONTRA A PANDEMIA
- O DÍA MUNDIAL DA POESÍA promovido pola Unesco para fomentar a súa ensinanza, a tradición oral e facer que sexa unha canle para transmitir os valores das comunidades.
- E tamén o DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES que ten por obxectivo crear conciencia da importancia de preservar e coidar as áreas forestais do planeta e a supervivencia de tódalas especies.
- Incluso hai un DÍA INTERNACIONAL DA MARIONETA unha manifestación do desenvolvemento cultural dos pobos.
19 mar 2020
Bibliotecas Dixitais: ventanas ao mundo!
BIBLIOTECA DIGITAL MUNDIAL |
premer aquí |
PROXECTO GUTEMBERG |
BIBLIOTECA EUROPEANA |
premer para acceder a Hispana |
premer para acceder á Biblioteca Digital Hispánica |
Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes |
Biblioteca do Ral Jardín Botánico de Madrid |
Ver o listado que fixo Julian Marquina con 22 grandes bibliotecas dixitais en España e nas distintas Comunidades....