5 nov 2013

EXPOSAMAÍN NA MAÍA 2013

   
      Debido a gran participación por parte de todos (pais, nais, alumnos e profes) hoxe teño que poñer aquí  unha nova mostra, moito máis completa, da EXPOSICIÓN DO SAMAÍN. Tedes dúas novas presentacións que incluen as novedades que siguen a chegar das casas e tamén as que se van facendo nas clases sobre o CASTAÑON do Magosto. De estas actividades, suxeridas polo equipo de Dinamización Extraescolar, aínda engadiremos máis fotos nos próximos días... (na entrada anterior tedes máis fotos para buscar o voso traballo)
    

 Gracias a todos pola colaboración: participando gañamos todos!  

(clica nos títulos para velos desde o principio)

 


3 nov 2013

EXPOSICIÓN DO SAMAÍN

     
        Neste curso fíxose unha exposición de cabazas   do Samaín, monecos de millo, xoiería  de castañas e todo o que dira de sí a imaxinación e os materiais da tempada. A proposta parteu do equipo de dinamización de extraescolares.
     
     Por unha banda, nas clases elaboráronse máscaras con froitos e follas de cara ao magosto e, por outra banda, tamén se lles pediu aos pais e nais que colaborasen cos seus fillos no concurso e, coma cada ano, o resultado é impresionante.
        Nas entradas dos edificios de infantil e primaria están os resultados do esforzo realizado desde as clases e desde as familias e nestas presentacións veredes unha mostra dos traballos. 
    Vendo as dúas exposicións non temos máis que repetir as gracias pola  colaboración,  alta participación, imaxinación e orixinalidade!


   Nesta presentación están incluidos os traballos de aula referentes a productos de outono e ao Magosto  e tamén os traballos feitos nas casa coa colaboración familiar.


MIGUELANXO PRADO PREMIO NACIONAL DE COMIC 2013



     Miguelanxo Prado  (máis) , nado na Coruña en 1958, é o novo Premio Nacional do Comic de 2013 concedido polo Ministerio de Cultura pola súa obra "ARDALÉN". 
   Se queredes saber máis de Miguelanxo Prado clicade aquí (saber máis) para entrar na súa páxina onde teredes acceso a obra deste artista polifacético e internacional: banda deseñada (Os compañeiros da orde da pedra, A mansión dos Pampín...), pintura, animación (De profundis, Men in Black...), Xabarín  etc... 
    
     Según el mesmo dí  "Sabela, a protagonista de Ardalén,  coñece a  Fidel, un ancián que ven sendo o único contacto co seu avó desaparecido. Pero a cabeza de Fidel é un caixón desordenado e así, pouco a pouco, vanse tecendo a escasa memoria herdada de Sabela coa memoria desordenada de Fidel e coas memorias parciais dos veciños da aldea onde vive o vello.  Nesas memorias ademáis de datos, hai gardados sentimentos:  de amor, de compañeirismo e amizade, de odios e de rancores. Recordar non é inocuo pero quen non recorda non vive".  "Ardalén" é unha historia arredor da memoria persoal. A memoria como esencia da nosa existencia, da percepción da nosa propia vida, da nosa identidade. Pode soar filosófico pero, ao final, trátase dun grupo de seres humanos que se axudan e se mancan uns aos outros, algúns chegan a quererse e todos se aferran aos seus recordos para intentar evitar o naufraxio" (Miguelanxo Prado)

Aquí tedes a portada de Ardalén (editado por Norma) e un par das fermosas ilustracións que contén:
 


1 nov 2013

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES NA MAÍA

  
    A semana pasada celebramos nos colexios o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. 
Foi o 24 de outubro. Desde a Biblioteca propuxémoslles aos tutores que os nenos realizaran  un traballo nas clases:  escoller e dibuxar os seus personaxes favoritos. Logo recolléronse todos os dibuxos  e colgáronse en murais polos corredores da Biblioteca. Aínda nos faltan algúns por poñer!

      Foi "unha viaxe ao interior dos libros a través dos seus personaxes" e aquí están algúns dos traballos dos alumnos e alumnas. Esta vez  foron eles os ilustradores dos seus libros favoritos...