Páginas
- Páxina principal
- Galería fotos colexio
- Guías de lectura
- Editoriais
- Guía de usuarios
- Xornais do mundo
- Symbaloo
- Autores e ilustradores
- Recursos na rede
- Revistas escolares
- Aviso: dispositivos bio-ópticos
- Alumnos
- Lectores-autores
- Seguridade na rede
- Historias de libros
- O IES DE AMES
- Documentos
- Libros que nos gustan!
- Apoiando ás unitarias
- A PAZ NON É COUSA DE UN DÍA!
- A PAZ NAS BIBES DO PLAMBE
- O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG
- BIBLIOTECAS DE AMES
- DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
30 jun 2015
Guía de verán
Guía de lecturas para o verán elaborada polos equipos das Bibliotecas dos Centros Públicos de Ames
24 jun 2015
PREMIOS LITERARIOS DOS ALUMNOS
Como en edicións anteriores alumnos e alumnas do noso centro participaron nos Concursos Literarios e resultaron premiados varios deles: Iria Pérez, Raúl Jiménez e Natalia Paz no Certamen Intercentros do Concello de Ames e Manuel Mosquera o 1º premio na categoría de 12 a 18 anos no do Concello de Negreira. E son "reincidentes"! Nos issuus do final da entrada podedes ler os relatos e poemas premiados.
PARABÉNS RAPACES: POLO PREMIO E POLO ESFORZO !
Iria, Natalia e Raúl en Ames |
Manuel Mosquera en Negreira |
Xosé Vizoso no Ceip A Maía
Recibimos a visita de XOSÉ VIZOSO deseñador, ilustrador, pintor, escultor ... Un
ARTISTA polifacético falando cos rapaces e rapazas de 6º do noso colexio.
Vizoso naceu en Mondoñedo en 1950, pero vive en Brión desde 1992 onde deseñou os carteis para a Santa Minia. Traballou moitos anos na cerámica de Sargadelos onde tivo coma mestre a Isaac Díaz Pardo, desde fai 30 anos como deseñador do
Grupo Sargadelos. Despois estivo no Instituto Galego de Información (IGI), en
Santiago.
Sacado dunha entrevista onde conta a súa infancia e os seus inicios: "O primeiro libro que ilustrei foi no ano 68; fixen uns debuxos para un libro de xeografía dun compañeiro en Bacharelato. Nos primeiros setenta ilustrei un libro que saíu na editorial Celta dun profesor no seminario: “Terra húmeda”. Logo xa comecei a ilustrar para Edicións do Castro; o primeiro libro foi A saga dun afiador, de Xosé Fernández Ferreiro; de Neira Vilas ilustrei moitos, o primeiro De cando Suso foi carteiro. Debín ilustrar arredor de 60 libros ou máis de xente como Marica Campo, González Laxe, Xosé Agrelo Hermo, Concha Blanco, Úrsula Heinze ou Daniel Cortezón. Tamén fixen ilustracións para a revista de poesía Dorna".... ler máis +
Xosé Vizoso cos rapaces de 6º. Máis na web do colexio: premer AQUÍ
Ao longo da súa traxectoria ilustrou libros de Neira Vilas "De Cando Suso foi
carteiro", "Chegan forasteiros", en pezas teatrais de Eduardo
Alonso "O país acuático", en murais contra a represión
franquista... Un dos seus traballos
máis recentes é a creación da cuberta para as memorias de Luis Tobío,
"unha das figuras clave do renacemento cultural galego do século XX".
Sobre o seu traballo como ilustrador Vizoso díxo que a inspiración, de habela, ten que pillarte traballando e que tés que facer moitos bocetos, centos incluso... e tés que documentarte, investigar, darlle voltas , probar e descartar ata atopar o mellor resultado.... Ademáis a súa intención é crear un arte que nos vincule co mundo cultural galego.
o taller dun artista....
VISITA DE DAVID F. SIFRES
Este curso as aulas de 4º de primaria leron, comentaron e traballaron co libro de David Fernández Sifres "Que vienen los marcianos". Sifres naceu en León no 1976. É licenciado en Dereito e
funcionario da Escala Superior de Técnicos de Tráfico e compaxina este
traballo coa súa vocación literaria.
Comezou escribindo relato curto, xénero no que foi galardonado
en case unha veintena de ocasións, e nos últimos anos adicouse a
literatura infantil e xuvenil, onde gañou o Premio Alandar de literatura
xuvenil 2011, que concede a editorial Edelvives, pola súa novela "O
faro da muller ausente", e o Premio Á Delta de Literatura Infantil 2012,
da mesma editorial, por "Un intruso no meu caderno". En 2013 gañou o Premio Barco de Vapor 2013 coa súa obra "Luces na canle".
Reseña de "Que vienen los marcianos" : o libro trata de tres amigos, Pancho, Teban e Joseque, que escoitan dicir no seu pobo que van vir os marcianos, e pensan que se
non lles fan unha boa benvida, vanos invadir. Así
que
deciden preparárllela, sen que
ninguén se entere, pero en medio de tanto segredo rematan metidos nun montón de lios...
Debuxaron os protagonistas e traballaron máis cousas do libro: se as queredes ver están na revista do colexio.
Rolda de preguntas con David na Biblioteca
David coa nave dos marcianos
Rosa, Mª José e Manoli con David
Suscribirse a:
Entradas (Atom)