31 may 2022

"O libro que eu quixera ler" (Infantil)

 Seguindo a proposta do Equipo da Biblioteca  de crear unha "maqueta" dun libro, con portada, lomo, título... os alumnos de infantil "diseñaron" estos exemplares. Algúns deles ademáis teñen dentro unha historia ou conto que inventaron e escribiron os propios nenos.

3 anos

 


4 anos


5 anos






18 may 2022

As etapas da Historia polos alumnos de 6º

 

  Os alumnos e alumnas de 6º de primaria estiveron traballando as edades do home, un paseo pola Historia desde o Paleolítico. Cada alumno escolleu unha etapa da historia, buscou información e plasmouna neste lapbooks. Despois tivo que explicala diante dos seus compañeiros. O resultado espúxose na Biblioteca para poder ser visitado polos compañeiros. Esta é unha pequena mostra das presentacións realizadas. 


 

12 may 2022

Érica Esmorís cos alumnos de 4º

  A escritora ÉRICA ESMORÍS estivo na Biblioteca cos alumnos de 4º de primaria falando do seu libro "Patio de luces", que conta coas ilustracións de Juan Berrio. Trátase  dun libro para ver o mundo desde ountra perspectiva, coa axuda da imaxinación, como fai Lea, unha nena que pasa as tardes co seu avó, que é porteiro dun edificio, unha profesión que, pertence xa case ao pasado. Aburrida ao principio, a rapaza comeza a imaxinar as vidas das persoas dos diversos pisos a través da observación dos tendais da roupa. 
 
Érica naceu na Coruña en 1977:  amante dos animais, estudou veterinaria e exerceu uns anos pero pronto comezou a traballar nalgunhas das máis importantes produtoras audiovisuais de Galicia,  nos departamentos de guión como de dirección.
Como narradora, publicou as novelas infantís O poder de Amabel (2012), traducida ao castelán, catalán e éuscaro e Ulises e as cronoamigas (2015).
 
 

Érica xa estivo cos alumnos de 4º  do curso pasado a través dunha videoconferencia desde a súa casa.

7 may 2022

Luis Vallecillo co alumnos de 6º de Infantil

 Fai uns días os alumnos de 6º de infantil recibiron a visita do músico Luis Vallecillo por cortesía do Consorcio Editorial. O cantante e os nenos compartir uns anacos musicais no escenario da Biblioteca.



4 may 2022

Me acompañas? Un libro de 6ºB de Infantil


Seguindo as actividades propostas para a  celebración do Día do libro, os alumnos de 6ºB Infantil crearon e debuxaron este conto relacionado coa historia de Paul Klee.  Premer na imaxe para ler o conto.

 Ademáis fixeron este video para "presentar o libro" nunha roda de prensa e con sinatura dos exemplares!. Despois cada neno levou un exemplar do conto asinado polos seus compañeiros. Todo un traballo en equipo.