27 dic 2010

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

       A nosa Biblioteca leva o nome  do escritor AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ que nos honrou varias veces coa súa presenza e amabilidade e que nos agasallou adicándonos esta frase que está escrita ao logo da parede, en lembranza das paredes das cavernas onde os primeiros seres humanos comezaron a representación  das súas ideas, sentimentos e visións do mundo que os rodeaba. Daquela usábase un facho encendido para iluminarse, e agora, como dí Agustín, as Bibliotecas están a ser un faro que proxecta a luz da cultura expandindo ondas de imaxinación e  liberdade  polo mundo.


XA VAN ALÁ CASE DOUS ANOS...

           Durante o primeiro trimestre estivemos de mudanza na biblioteca. Trasladamos todos os libros desde o anterior local e  clasificámolos por idades, xéneros e idioma para facilitarlles aos nenos/as o acceso a eles. Adaptamos ás novas necesidades e ao novo espazo  o mobiliario existente e adquirimos algún novo.  Instalamos  varios ordenadores e actualizamos os fondos. Todo este proceso culminou cun ACTO DE INAUGURACIÓN no mes de decembro do curso 2006-2007 ao que asistiron distintas personalidades da Consellería de Educación e do Concello. Sen lugar a dúbidas os grandes protagonistas foron os nenos e nenas do colexio que por grupos foron baixando a coñecer as novas instalacións.




           Durante o curso 2008- 2009 tivo lugar un acto ("A cultura está a cambiar Galicia") promovido pola Consellería de Educación ao que asistiron as entonces Ministra Dona Mercedes Cabrera e Conselleira Dona Laura Sanchez Piñón, o Alcalde do Concello de Ames Don Carlos Fernández e  o Delegado de Governo Manuel Ameijeiras, que foron recibidos pola Directora Dona Rosalía Avilés e polos membros do equipo de Biblioteca.



     A Biblioteca está estructurada en diversos espazos, en consonancia coas diferentes funcións que lle queremos dar: cinco espazos adicados á lectura de lecer (prelectores, primeiros lectores, lectores autónomos, lectura relaxada e zona de banda deseñada); outra zona adicada a consulta e estudo individual. Contamos tamén cunha zona de prensa e un espazo multimedia.