O Equipo da Biblioteca preparou para o Día de Rosalía de Castro unha exposición na que se mostraron os libros da autora que temos no Centro.
(Tamén se fixeron por parte dos alumnos e titores diversas actividades que se irán mostrando en breve.)Páginas
- Páxina principal
- Galería fotos colexio
- Guías de lectura
- Editoriais
- Guía de usuarios
- Xornais do mundo
- Symbaloo
- Autores e ilustradores
- Recursos na rede
- Revistas escolares
- Aviso: dispositivos bio-ópticos
- Alumnos
- Lectores-autores
- Seguridade na rede
- Historias de libros
- O IES DE AMES
- Documentos
- Libros que nos gustan!
- Apoiando ás unitarias
- A PAZ NON É COUSA DE UN DÍA!
- A PAZ NAS BIBES DO PLAMBE
- O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG
- BIBLIOTECAS DE AMES
- DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
24 feb 2022
12 feb 2022
Aumentando os fondos!
Seguimos ampliando os fondos da Biblioteca. Esta tempada os do Equipo engadimos, na sección de primeiros lectores, estes libros para os máis pequenos de Infantil :
e estes outros para os máis maiores:
Esperamos que vos gusten!!!
6 feb 2022
O Carballo de Conxo e a obra de Rosalía de Castro
Desexamos que, cos nosos votos, o carballo de Conxo sexa elexido como Árbore Europea do Ano, 🌳
😕 Podedes preguntarvos cal é a relación desta árbore coa literatura...
Pois imos facer un chisco de Historia: o carballo de Conxo é un dos poucos que quedan desa idade e envergadura no entorno de Santiago xa que quedou protexido durante anos nos xardíns privados do antigo Manicomio. A maioría dos outros desapareceron queimados ou talados para empregar nas numerosas curtidurías que nos séculos XVIII e XIX rodeaban a capital e que os empregaban polo tanino para conservar as peles de animais.
(European Tree of the Year)Bosques Sin Fronteiras, convoca o Premio Árbol Nacional e Europeo do Año, dirixidos a significar e valorar árbores que por diversas características son merecedores dun recoñecemento e respeto social. Busca a elección daqueles exemplares cos que as persoas establecen especiais relacións afectivas e que son "Testigos da historia, do clima e do respeto dos pobos"
Cambio de data do Día de Rosalía de Castro
As últimas investigacións fan que o Día de Rosalía de Castro pase a celebrarse o 23 de febreiro, auténtica data do seu nacemento según a investigadora Sagrario Abelleira, quen documenta datos ata o de agora descoñecidos sobre Rosalía e Murguía nunha publicación que conta co apoio do Goberno galego. VER MÁIS +
O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das datas máis
sinaladas do calendario cultural galego e, por primeira vez, o curso
escolar 2021/2022 inclúe a celebración desta efeméride na súa
programación. Unha data que ata o de agora, e ante o descoñecemento do
día exacto do nacemento da poeta, se celebraba o 24 de febreiro, día en
que recibiu o bautismo.