27 may 2014

CIENCIA DIVERTIDA NA BIBLIOTECA DA MAÍA

   O alumnado de cada unha das aulas de 1º preparou coa axuda das súas titoras seis interesantes e divertidos experimentos, de entre os que xa practicaran en Infantil, para amosarlle a todos os maiores (desde 2º a 6º!) o divertida que pode ser a ciencia. Experimentos con osixeno, imáns, submarinos, electricidade estática, mesturas de líquidos, disolucións, flotabilidade etc... É outra actividade promovida baixo o lema LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR. E os pequenos alumnos e alumnas de 1º esforzáronse en explicar os seus experimentos aos maiores. Tiñan incluso repartidos os roles de cada membro do equipo: un expoñía, outro realizaba e outro colocaba os materiais... Fixérono realmente ben e todos o pasaron xenial coa ciencia!


 
algúns dos pequenos científicos de 1º

21 may 2014

MAFALDA E QUINO PRÍNCIPES DE ASTURIAS DAS HUMANIDADES !

  O humorista gráfico "QUINO" creador do personaxe de MAFALDA,  acaba de ser galardonado co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014  según comunicou hoxe en Oviedo o xurado encargado da súa concesión.
    Un premio máis que merecido para agradecerlle que nos fixera rir e pensar durante máis de 50 anos.








premer AQUÍ para entrar
 na páxina de QUINO

GUSTAVO OTERO NO CEIP A MAÍA

   Hoxe subo as fotos da visita que fixo o ilustrador Gustavo Otero  ao noso centro... con bastante retraso "por cuestións técnicas"...
    Aquí podedes ver o ben que o pasaron os alumnos e alumnas de 2º co mago e animador que veu o centro invitado polas profes de 2º . 
  Deixounos unha mostra dos seus traballos que temos colocados polos corredores do colexio.





premer aquí para ver as  fotos da visita

15 may 2014

X.M. DÍAZ CASTRO E FUXAN OS VENTOS: PENÉLOPE

      Este ano o Día das Letras Galegas está adicado o tradutor e poeta XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, nado o 19 de febreiro de 1914 nos Vilares-Guitiriz. E o autor de "NIMBOS",  que contén o seu poema máis coñecido: "PENÉLOPE". Aquí podemos escoitalo musicado por Xoán Fuertes Saavedra e interpretado por FUXAN OS VENTOS (coa fermosa voz da nosa compañeira Carmen) nun adianto do seu próximo traballo. O recitado inicial é a voz do propio poeta e a súa gravación cedida por Xulio Xiz. 


PREMER  AQUÍ PARA ESCOITAR PENÉLOPE
Penélope

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,

 e a tea dos teus soños non se move.

A espranza nos teus ollos se espreguiza.

Aran os bois e chove.


Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrolla o sono mol coma unha uva.

Pro ti envólveste en sabas de mil anos,

e en sonos volves a escoitar a chuva.


Traguerán os camiños algún día

 a xente que levaron. Deus é o mesmo.

Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,

e toda cousa ha de pagar seu desmo.



Desorballando os prados como sono,

o Tempo vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.

¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

2 may 2014

SABÍAS QUE... LER CIENCIA É DIVERTIDO ?

   
  Este curso o lema proposto dende a Asesoría de Bibliotecas escolares para os centros galegos é LER CIENCIA , coa intención de fomentar o uso da biblioteca en relación á competencia de coñecemento do mundo físico. Dende o equipo da Biblioteca propuxémos unha actividade para realizar a partir do 8 de Abril e hasta o 23 de abril, día do Libro, empregando algunas sesións da Hora de Ler. Por ese motivo organizamos a realización de murais tanto en infantil como en primaria co título de Sabías que…?. Os rapaces tiñan que empregar os libros da Biblioteca para investigar curiosidades científicas ou propoñer interrogantes. En esta presentación están só algunhas das expostas, xa que a participación foi altísima e aínda están ampliando os murais... Grazas a todos pola vosa participación!!!

premer AQUÍ para ver os murais dos sabías que..?
   
     Os murais dos sabías que....? están expostos nos corredores do colexio, tanto en primaria como no edificio de Infantil. COMPROBAREDES  O  DIVERTIDO  QUE  É  LER  CIENCIA!
   
   Para ver os sabías que...? de infantil podedes entrar a través do blog de 5ºC de infantil  ou premendo AQUÍ

1 may 2014

PREMIO TRASALBA PARA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


  Agustín Fernández Paz será o escritor homenaxeado pola Fundación Otero Pedrayo na súa festa anual en Trasalba na Casa Grande de Cimadevila (Amoeiro), casa-museo de Ramón Otero Pedrayo, o derradeiro domingo de xuño. Desde a nosa Biblioteca, que leva o seu nome, queremos felicitar a Agustín por este novo e merecido premio "pola súa traxectoria literaria , compromiso coa lingua e participación activa nos movementos de renovación pedagóxica" (estos son algúns dos argumentos que expón a Fundación para este premio)

    O escritor Francisco Castro, presidente de GALIX, fará a presentación de Agustín  nesta edición 2014 dos PREMIOS TRASALBA e a fundación prepara para a ocasión un libro homenaxe,  arredor da personalidade e a traxectoria biográfica de Fernández Paz. O premio, de carácter honorífico, está representado por unha figura de bronce do patriarca das Letras Galegas, obra do escultor Manuel Buciños. 


casa museo de Otero Pedrayo en Trasalba
PREME  no noso muro de Pinterest para ver as obras de Agustín

GUSTAVO OTERO NO CEIP A MAÍA



Fai uns días recibimos a visita do ilustrador, mago e animador á lectura GUSTAVO OTERO, invitado polas mestras de 2º e por cortesía da editorial SM. Os rapaces pasaron un bó rato co ILUSTRADOR que fixo para eles piratas repoludos, monstros e galeóns piratas como os que enchen moitas das obras da serie Barco de Vapor e que agora están polos corredores do Centro.
Este é o enlace coa páxina web de GUSTAVO OTERO


CLICAR  aquí  PARA VER AS ILUSTRACIÓNS DE GUSTAVO OTERO