30 nov 2014

SOMOSPAISAXE.COM

   Desde a Ampa comentáronnos a participación de alumnos de este cole nunha nova iniciativa para comprender e respetar a paisaxe. Unha serie de 6 videos (de momento) no que os pequenos, tanto de infantil como de primaria, responden coas  súas propias palabras a preguntas como qué é unha paisaxe?.

    Eu póñovos aquí o que está no portal da Consellería: "A Xunta e a Fundación Galicia Sustentable lanzan a web www.somospaisaxe.com para contribuír á implicación da sociedade na defensa da riqueza territorial de Galicia.   A finalidade deste portal é a de contribuír a que xurda unha conciencia social sobre a importancia dos retos que hai que afrontar desde a paisaxe como elemento estratéxico de competitividade
    Para conseguir esta implicación, o Instituto de Estudos do Territorio xunto coa Fundación Galicia Sustentable, ten traballado nun proceso atractivo para achegar a Estratexia Galega da Paisaxe á poboación que se estrutura en tres etapas: coñecer, comprender e actuar
 
   Acompaña á presentación do portal web unha primeira entrega da serie de vídeo Pequepaisaxes, para que nos expliquen cuestións relacionadas coas paisaxes"
 
PREMER NA IMAXE PARA VER OS VIDEOS

28 nov 2014

GERÓNIMO STILTON EN SANTIAGO


   Mañán estará en Santiago, Gerónimo Stilton, o rato máis coñecido de Ratonia, protagonista dunha serie de libros para nenos a partir de 8 anos creados pola escritora italiana Elisabetta Dami, que asina como o escritor ficticio Gerónimo Stilton. Foron publicados orixinalmente en Italia no ano 2000. Segundo indícase nos libros, o apelido do protagonista deriva do queixo Stilton.
 Asinará os seus libros na librería San Pablo da rúa do Vilar entre as 12 e as 2 da tarde.

18 nov 2014

OS CASTAÑÓNS DA MAÍA

     Facer os CASTAÑÓNS DE OUTONO xa case é unha tradición no noso colexio proposta polo Equipo de Actividades Extraescolares. Os rapaces empregaron todo tipo de materiais para crear o seu castañón e poñelo nas portas das clases. Houbo de todo: están os minimalistas e os matéricos, os naturalistas e os xeométricos, os pintados, picados, recortados, trenzados e pegados... pero todos, desde os máis pequenos de 3 anos ata os de 6º deron boa mostra da súa creatividade. PARABÉNS RAPACES!
PREMEDE AQUÍ PARA VER OS CASTAÑÓNS DA MAÍA

16 nov 2014

COMPOSICIÓNS DE OUTONO

    Estas presentacións mostran as COMPOSICIÓNS DE OUTONO feitas polos alumnos e alumnas do colexio, tanto en infantil como en primaria  en colaboración con seus pais, seguindo a proposta do Equipo de Actividades  Extraescolares. Empregaron para os traballos todo tipo de follas e produtos naturais destas datas... todo recollido no seu entorno  máis próximo. E o resultado como podedes ver é impresionante. Aproveitade estos días para visitar as exposicións, xa que  todos os traballos están nas entradas de ambos edificios.
    Aos máis pequenos sirveulles ademáis para coñecer distintos tipos de árbores e follas, froitos secos e carnosos, autóctonos e vidos de fora, comestibles ou non... e para comprobar que moitas veces a natureza nos ofrece recursos tan interesantes, artísticos e divertidos como calquer xoguete. O que temos é que saber empregalos con respeto e coidado... 


 
PREME AQUÍ PARA VER AS DE INFANTIL

PREME AQUÍ PARA VER AS DE PRIMARIA

9 nov 2014

MES DA CIENCIA EN GALEGO

   Novembro é o mes da ciencia en galego e na Asesoría de bibliotecas escolares realizaron esta recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego. Está posto a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencias  e  experiencias realizadas a través das bibliotecas dos centros escolares etc. Premede na imaxe de abaixo para ver todos esos recursos que nos ofrece a Asesoría.

     Pola nosa parte, desde o Equipo de Dinamización da Biblioteca propuxémoslles aos alumnos que realizasen un traballo sobre ARTE XEOMÉTRICO partindo de imaxes que sacamos dos libros do noso fondo. Pronto poñeremos aquí o resultado de esta actividade.
RECOPILACIÓN DE MATERIAIS DE CIENCIA EN GALEGO

1 nov 2014

CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN

 Gifs halloween
  Durante esta semana o colexio encheuse de CABAZAS DECORADAS para participar no CONCURSO organizado polo Equipo de Extraescolares. Na entrada do colexio e polos corredores dos edificios de infantil e primaria tivemos unha exposición dos traballos realizados polos nenos e nenas en colaboración con seus pais. Unha invasión terrorífica con moita imaxinación, na que os rapaces mesturaron a imaxinería propia da tv e o cine, co Halloween e coas tradicións de orixe celta que nos son máis propias. No Samaín celebramos o fin da colleita... e tamén lembramos o costume das tribos guerreiras celtas de cortar as cabezas dos seus enemigos e "decorar" as entradas das casas cos seus cranios.
gifs animados de halloween En estos videos podedes ver as cabazas que estiveron expostas en ambos edificios e esta semana publicaranse as cabazas gañadoras nas distintas categorías.
   premer aquí para ver as cabazas de infantil

premer aquí para ver as cabazas de primaria

MIGUELANXO PRADO ADICOUNOS O DRAGÓN QUE CAMBIABA DE CONTO

   Asistimos en Santiago á presentación por parte de MIGUELANXO PRADO  do libro "O DRAGÓN QUE CAMBIABA DE CONTO CANDO ESBIRRABA" que ilustra en colaboración con DAVID ACEITUNO que é o autor de esta divertida historia. Tamén presentaba “MAR INTERIOR”, unha escolma da súa obra que dou pé a exposición do mesmo nome que se pode ver actualmente no Museo das Peregrinacións de Santiago.       
    Despois do acto MIGUELANXO asinou e adicou con enorme paciencia e detalle todos e cada un dos libros que lle presentamos os asistentes. rematou pasada a medianoite!. Un deles está agora na nosa Biblioteca!. En este kizoa poño algúns dos dibuxos dos personaxes do conto que lle vimos facer acompañando as  sinaturas.


PREMER  AQUÍ  PARA VER AS FOTOS