30 jun 2016

MACA E NATALIA: BOA SORTE COMPAÑEIRAS!:



 Este curso marchan do colexio cara outros destinos varias compañeiras e, sin esquecer a ningúnha,  xa que a todas botaremos de menos, quero facer aquí unha mención especial a Natalia,  que leva anos despedíndose e sempre conseguía voltar, pero que agora sí marcha definitivamente: sempre estivo aí para colaborar no que fixese falta. E sobre todo a Maca, profesora de inglés e membro do Equipo de Dinamización da Biblioteca, que despois de máis de 12 anos nos que montou e  contribueu a crear a Biblioteca tal e como agora está, integrandoa no Plambe e facendo un enorme traballo como coordinadora durante moitos anos, agora deixanos por outro Centro onde sabemos que lle vai a ir polo menos igual de ben que neste. Sabemos que, como aquí, vai aportar toda a súa valía, o seu saber facer e coñecemento do que é una Biblioteca Escolar, que se vai empregar a fondo, que vai traballar, non moito senón moitísimo (todos os recreos, moitas tardes, en calquer momento libre... como fixo aquí) e sempre coa mesma ilusión e entusiasmo, aportando ademáis ese punto de mesura e calma que sempre agradecemos cando se traballa nun grupo. Xa o dixen algunha vez  “como dín os militares: ..máis alá do cumprimento do seu deber". Nos momentos máis apurados, nos que o tempo e as circunstancias non daban máis de sí, sempre mantivo o sorriso, aportando a calma que facía falta, buscando o lado positivo a todo... 
  
    O equipo de Dinamización da Biblioteca somos coma un quebracabezas, que leva anos encaixándose e modificándose e no que cada un de nós é unha peza que aporta distintas habilidades e capacidades... pezas que cambian, que veñen e van... todas importantes!.  Agora, vainos faltar unha peza que vai deixar un oco moi importante. Pero o que nós perdemos van gañalo os seus novos compañeiros nesta andaina que vai emprender. Desde a Biblioteca do Ceip A Maía xa lle queremos poñer o limiar a este novo libro que  vai comezar a escribir Maca: "Boa amiga e boa compañeira".

    
     E tirando dos escritos de Alfredo Conde (Premio Nacional de Narrativa entre moitos máis) atopei una diferencia entre prólogo e limiar que me encanta. E por eso citando a A. Conde digo que este “é un limiar e non un prólogo, porque un limiar é un soarego de porta, un pórtico, algo que doa a entrada nese recinto, resoando según os seus pasos pisan as liñas dun libro, os sucos que elas son e que resultan arados de novo por ela. Un limiar desvela, abre e alumea, guía polo labirinto que o segue. Un prólogo é un compromiso protocolario, amical ou debido, que permite dar idea da importancia do prologuista, unhas veces, do prologado, case sempre, poisque é quen de recurrir e se abeirar a persoaxe tan soado. Un limiar é outra cousa”. E nós a Maca dedicámoslle este “boa amiga e boa compañeira” para o novo libro que emprende na súa vida, non coma un prólogo de compromiso, senón coma un limiar, unha porta que se lle abre noutro colexio e no que esperamos e sabemos que tamén fará unha pegada polo menos tan importante coma a que aquí nos deixa!


Moita sorte Natalia e Maca!.    Botarémosvos de menos!

24 jun 2016

Diploma aos alumnos/as colaboradores da Biblioteca



    Este é o merecido DIPLOMA que os alumnos/as que colaboraron na Biblioteca recibiron polo seu traballo ao longo do curso, ademáis da saída que fixeron á Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura (ler máis aquí +)
Parabéns e  grazas rapaces!

1.- Alvarenga Gamón; Jeremías E.
2.- Baliña Abad; Martina
3.- Caeiro Costoya; Diego
4.- Canay Fernández; Brais
5.- Fernández Blanco; Uxía
6.- Fuentes Fandiño; Francisco
7.- Lojo Burés; Laura
8.- Loureiro Esperante; Zeltia
9.- Mato Gómez; Degnesh María
10.- Merelles González-Amigo; Paula
11.- Míguez Blanco; Samuel
12.- Navarro Ayensa; Ane
13.- Pérez Agra; Raúl
14.- Rouco Almuíña; David
15.- Trigo García; Juan
16.- Vázquez Fernández; Natalia
17.- Zaballa Daza; Clara
18.- Fernández Formoso; Andrea
19.- Montaña Mata; Laura
20.- Negreira Patiño; Yéssica
21.- Neira Mella; Aroa
22.- Orosa Paz; Fátima
23.- Pazos Kim; Inés
24.- Pérez López; Marta
25.- Rodríguez Lema; Lucía
26.- Bande Sanjuán; Julia Luisa
27.- Carballal Pazos; Gabriela
28.- Casal Veiga; Candela
29.- Fernández Terán; Laura
30.- Peña Rodríguez; María
31.- Quesada Vidal; Inés
32.- Rodríguez Ramos; Andrea
33.- Romaní Portáls; Raquel
34.- Santos Pena; Paula
35.- Tajuelo Sánchez; Celia
36.- Villaverde Temes; María
37.- Vizcaya Sanluis; Antía

17 jun 2016

Os colaboradores da Biblioteca na Cidade da Cultura

      Os colaboradores da Biblioteca despedímonos este xoves 16, cunha saída a Santiago. Fomos ver a Cidade da Cultura no Gaiás e visitamos a Biblioteca e Arquivo de Galicia, onde don Daniel nos guiou e mostrou as distintas sás e nos agasallaron cun lote de libros. Na entrada xa quedamos a sacar fotos diante da escultura "Singularidade" que está feita pola artista Alicia Martín co seu material preferido de traballo: os libros.

     Despois visitamos unha exposición sobre "as vestimentas nas distintas épocas", onde nos acompañaron Paula e Rafa. E metémonos os 36 alumnos e 3 profes nun ascensor! 
       Pasámolo xenial... sobre todo gastando os pantalóns nas rampa!

UN MERECIDO PREMIO! 
GRAZAS  RAPACES  POLA VOSA  COLABORACIÓN  AO  LONGO  DO CURSO!

Guía lectora de verán

    Guía coas recomendacións lectoras para este verán feita polas Bibliotecas escolares dos centros educativos do Concello de Ames. Que as disfrutedes!

teatro: A qué sabe a lúa?

    Os alumnos de 5ºC de Infantil coa profe Rosana e o apoio da profe Andrea fixeron no escenario da Biblioteca unha representación do conto: a qué sabe a lúa?. Subidos no escenario deron vida aos animais  que queren trepar ata ela para comprobar o seu sabor... Un tras outro intentan averigualo, pero só conseguen chegar ata a lúa colaborando xuntos e coa a xuda do máis pequeniño...


    Ademáis tiveron de público aos pequenos das aulas de 3 anos e, nunha segunda representación, aos maiores de 5 anos. FIXÉRONO XENIAL!
 
 

16 jun 2016

Amadriñamentos lectores

    Durante a hora de ler, os alumnos e alumnas de 3ºC de primaria, fixeron de padriños e madriñas de lectura para os pequenos de infantil. Coordinados pola profesora Ana Bolaño, empregaron a zona de Bibliopatio, a sala de psicomotricidade e outros espazos do centro, xa que  para desfrutar coa lectura o importante non é o sitio, senón ter vontade, ganas... e un público moi agradecido!

   Os maiores escolleron contos axeitados para infantil e aínda que ao primeiro estaban todos algo nerviosos, pouco a pouco foron sentíndose máis cómodos e foron especialmente coidadosos e preocupados polos máis pequenos. Neste video están algunhas fotos de distintas sesións dos amadriñamentos: 
 

11 jun 2016

O libro da vida con Angel Carracedo


  O  venres o profesor ANGEL CARRACEDO  foi o encargado de falarlles aos afortunados alumnos de 6º  dun libro moi especial: O LIBRO DA VIDA. Un libro con só catro letras: A, C, G, T.... Mantivo con eles unha charla co título: "XENES: E ESO QUÉ VEN SENDO?".Chegaron ata a molécula máis importante dun ser vivo, a que contén toda a súa información xenética...


 Profesor do Departamento de Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses, o científico galego con maior proxección internacional e unha eminencia en Xenética con numerosos premios entre eles o Premio Nacional de Xenética 2015, fixo un alto na súa axenda para vir de novo ao noso colexio.
  
  Catedrático de Medicina Legal e Director do Instituto de Medicina Legal da USC (desde 1994 hasta 2012). Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia), Director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII. Xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela....
 

Ler MÁIS e ver o VIDEO da visita na web do colexio PREMENDO AQUÍ.

7 jun 2016

Pés na rúa: un blog sobre mobilidade sostible e segura dos alumnos e profes de 4ºA

     Hoxe presentamos un novo BLOG no colexio, "PÉS NA RÚA": é o resultado do traballo que veñen realizando desde fai meses  alumnado e  profesorado de 4ºA. Trátase do programa de "Mobilidade sostible e segura", que desenvolve a Dirección Xeral de Tráfico a través do Plan Proxecta. Un tema moi interesante xa que o contorno dos centros escolares é o ámbito de maior perigo viario para o alumnado. LER +
   A partir de agora podedes seguilo na web do centro premendo o icono co logo que eles mesmos crearon. E tamén na banda dereita deste mesmo blog na sección de ENREDADOS.

PARABÉNS POLO TRABALLO!