4 jul 2014

MUSEO DA PREHISTORIA DE CEIP A IGREXA DE CALO: VISITA OBRIGADA !

       Este mércores abreu o MUSEO DA PREHISTORIA  DO CEIP A IGREXA DE CALO na Zona Cultural do Corte Inglés de Santiago. Estará aberto ao público ata o día 15 de xullo. O máis curioso deste museo é que xurdeu da pregunta dunha nena sobre unha foto do petroglifo de Cornide. A partir de eso Isabel Calvelo e Anxos Vázquez, as mestras das clases de 5 anos do CEIP A Igrexa-Calo, fixeron un proxecto de traballo no que implicaron a todos: alumnos e pais. Se contades coma mín coa sorte de ter unha "visita guiada" por Anxos Vazquez, unha das mestras que levou a cabo este traballo, disfrutaredes co museo e as experiencias que tiveron para recrealo.

maqueta do petroglifo de Cornide
   Para a actividade incluso contaron con arqueólogos e expertos en instrumentos musicais primitivos. A  impresionante resposta dos pais e nais foi a recreación de máis de 100 pezas que explican a Prehistoria.  Despois contaron  coa asociación Cultural Colectivo A Rula, coa ANPA, con comercios da zona e, para expoñelo por primeira vez, co magnífico local do Corte Inglés.
    Os nenos de 5 anos traballaron no proxecto durante meses e tamén fixeron un video que se proxecta durante a exposición. O museo conta con 100 pezas elaboradas en distintos materiais (madeira, pedra, coiro, barro...) e tamén maquetas e dioramas que reflicten diversos motivos (a vida nas covas, os castros, dolmens, o lume...). As pezas están repartidas por seccións: aparellos e ferramentas, armas, vivendas, construccións megalíticas, instrumentos musicais e pinturas rupestres... EN RESUMO: UN MUSEO DE VERDADE ELABORADO POLOS NENOS E AS NENAS DE 5 ANOS!. 
A maneira que temos para que os pequenos coñezan, aprendan e respeten a Historia e o noso legado é xogar con ela.

 Noraboa polo fantástico traballo!

  O museo vai ser itinerante e estos son os puntos onde teñen previsto expoñelo:



3  -  15
xullo
Corte Inglés de Santiago (zona cultural).
17 -  31
 xullo 
Centro sociocultural O Ensanche.
15  -  30
setembro
Rosalía de Castro.
6  -  31
outubro
Biblioteca Anxel Casal.
3  -  30
novembro
Local Sociocultural de Luou
 máis adiante
decembro
probablemente no MUPEGA

 PARA MÁIS INFORMACIÓN PREMEDE  NAS IMAXES:

O MUSEO NA VOZ DE GALICIA

colectivo A RULA. OS PETROGLIFOS DE CORNIDE
O MUSEO NO CONCELLO DE TEO