30 mar 2016

Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Inca Garcilaso: 400 anos

IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega: 3 escritores, 3 paises, 2 continentes, 2 idiomas...

                        23-4-1616    -    23-4-2016



       O 23 de abril de 2016 cúmprense 400 anos da morte de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o peruano Inca Garcilaso de la Vega. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e "alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural".

     Para achegarnos a CERVANTES e DON QUIJOTE", póñovos aquí un SYMBALOO que recolle actividades e enlaces que poden utilizar desde os máis pequenos de infantil ata os maiores. Inclúe unha versión dixital completa do Quixote, pelis, documentais, quebracabezas, memory, trivial e máis xogos... Este Symbaloo estará ademáis nunha páxina nova do blog para que sexa de máis doado acceso.

Premer no Symbaloo de Cervantes e Don Quijote
  
Para saber máis sobre estos 3 autores e as homenaxes neste ano premede nas imaxes:
Miguel de Cervantes
Miguel de Cervantes

William Shakespeare

Inca Garcilaso de la Vega



28 mar 2016

Un libro electrónico español en 1949

   Ángela Ruiz Robles foi unha mestra galega que deseñou a primeira  Enciclopedia Mecánica en 1949. Esta muller nada en León, que daba clase no Ferrol, inventou esta máquina para os seus alumnos, xa que lle parecían un atraso os métodos da época e que tivesen que ir cargados de libros.
   Este aparello, precursor dos eBook, constaba dunha serie de paneis con bobinas nos que se incluía o inglés e o francés e a asignatura a traballar e no que o mestre tamén podía anotar. Tiña un sistema mecánico, eléctrico e a presión de aire.


   A Enciclopedia Mecánica está considerada por moitos como o primeiro libro electrónico. "Facendo presión en abecedarios e números formábanse sílabas, palabras e leccións. A segunda, funcionaba con bobinas, cada unha dedicada a unha materia. Todo baixo unha lámina transparente e irrompible, con cristal de aumento. E con luz, para que se puidese ler na escuridade. Ademais, podía incorporar son coas explicacións de cada tema. Todo no tamaño dun libro, «de facilísimo manexo e peso insignificante», describía a propia autora.
 

      Hoxe Google recorda a esta muller cun doodle. Se premedes nel podedes ver máis información sobre esta muller, unha auténtica precursora.... 
Angela Ruíz Robles


    Dona Angela tivo importantes ofertas do estranxeiro para mercarlle a patente, pero ela sempre quixo que o seu invento quedase no noso país... O Ministerio de Educación aproboulle o proxecto, máis non consigueu financiación.  Premiada e recoñecida numerosas veces, dentro e fora, sempre quixo que fora España quen se beneficiase do seu invento PERO...
dunha entrevista en 1958
 

 1949: Ángela Ruiz Robles (1895-1975) patenta a súa "Enciclopedia Mecánica" en España

 1971: Michael Hart lidera o proxecto Gutenberg que dixitaliza libros para ofrecelos gratis


O prototipo da Enciclopedia que se construeu no Ferrol e que creo que agora está no MUPEGA.


21 mar 2016

Día mundial da Poesía

 Hoxe, día mundial da poesía
 e eu sen teclado, sen ordenador!
 quen o diría!
 Só tempo para pensar, para falar...

Unha breve entrada
 para recordarvos
 que, para facer poesía,
 tés que sentila...

 Mira, observa, pensa, fala
 e lembra que como decía o poeta:
"POESÍA ERES TÍ"
(Leodoro)

10 mar 2016

Nais, avoas, irmáns, profesionais: mulleres traballadoras....

   Para VISIBILIZAR O TRABALLO DAS MULLERES MÁIS CERCANAS A NÓS, fixemos esta proposta: unha foto da nai, avoa, tía , madriña ou irmán e que elas contasen algo sobre o seu traballo dentro e fora da casa. Este foi o resultado, que está exposto na entrada do colexio. 










 

6 mar 2016

Día da muller traballadora: 8 de marzo

    Un dos primeiros traballos fora da casa que se lle permiteu ás mulleres foi o de mestra, e está aquí reflectido no cadro da pintora galega  Xulia Minguillón "A escola de Doloriñas"

    Moitos artistas galegos, homes e mulleres,  puxeron nos seus lenzos os traballos que realizaban as mulleres, sobre todo no campo e no mar. Aquí neste video póñovos unha moi pequena mostra. Non están todos e todas as que son, pero si son todos os que están:
 
premer AQUÍ
  Na literatura infantil e xuvenil tamén temos moitos libros que nos fan ver outras perspectivas  do traballo femenino. Neste pinterest que fixo a profesora Asun García  podemos ver a mostra que recopilou. Premede na imaxe para acceder.
premer AQUÍ
   E neste outro pinterest que recopilei, podedes ver unha serie de mulleres, algunhas moi coñecidas e outras non tanto, que dedicaron a súa vida á Ciencia en todas as súas ramas: astronomía, física, bioloxía, botánica, matemática, medicina...
 
premer AQUÍ para ver quen son estas mulleres

   Para saber máis cousas das mulleres galegas podedes curiosear neste enlace co Consello da Cultura galega. O Álbum de mulleres é un proxecto da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. Esta elabora vías e medidas que desde un enfoque de xénero permiten pór en valor e dar visibilidade ás contribucións das mulleres en todos os ámbitos de relacións sociais.