A pesar de que o día a día está cheo de noticias sobre a pandemia hoxe día 21 de marzo conmemóranse cinco días igual de importantes entre eles e que vos lembro abaixo. Outro ano calquera traballaríamolos e faríamos actividades sobre eles....
pero hoxe é dificil
pensar en outra cousa que non sexa a pandemia, cando non podemos abrazar
ás persoas, cando estamos confinados e non podemos pasear polos
bosques, cando é máis dificil aínda explicarlles todo esto aos nosos
nenos con sindrome de Down ou cambiarlles esas rutinas tan importantes
para os que teñen autismo.... pero para eso sirve a poesía, para
expresar sentimentos e transmitilos, para apoiarnos nas palabras e falar da nosa humanidade común
💞 Hai un conto de Leo Lionni "FREDERICK "que temos na Biblioteca e seguro que moitos tedes na casa, que fala da importancia da poesía e sobre todo dos poetas. Porque: PARA QUÉ SIRVE UN POETA NESTES DÍAS? (Se non tedes o libro, poñovos aquí este corto que en apenas 5 minutos danos a resposta a esa pregunta).
- O DÍA MUNDIAL DA POESÍA promovido pola Unesco para fomentar a súa ensinanza, a tradición oral e facer que sexa unha canle para transmitir os valores das comunidades.
O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA DISCRIMINACIÓN RACIAL promovido pola ONU para suprimir calquer forma de discriminación racial.
O DÍA DA SÍNDROME DE DOWN establecido polas NACIÓNS UNIDAS para crear conciencia dentro da sociedade do valor que teñen estas persoas a pesar da súa discapacidade intelectual.
- E tamén o DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES que ten por obxectivo crear conciencia da importancia de preservar e coidar as áreas forestais do planeta e a supervivencia de tódalas especies.
- Incluso hai un DÍA INTERNACIONAL DA MARIONETA unha manifestación do desenvolvemento cultural dos pobos.