20 may 2019

Unha homenaxe en pedra a Antonio Fraguas: Día das Letras Galegas

  O alumnado do Ceip A Maía participou xunto cos outros colexios do Concello de Ames nesta actividade proposta polos Equipos de Normalización Lingüística: unha homenaxe en pedra a Antonio Fraguas  no Día das Letras Galegas. Escribimos anacos da súa obra en laxas que serán colocadas nos parques de Bertamiráns para lectura e disfrute de toda a veciñanza e dos que nos visiten!


Premer na imaxe para ver as laxas

18 may 2019

ANTONIO FRAGUAS: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

  O etnógrafo, antropólogo, historiador, xeógrafo e mestre Antonio Fraguas Fraguas (aldea de Insuela, parroquia de Loureiro, Cotobade, 1905- Santiago, 1999) é a personalidad literaria elexida pola Real Academia Galega (RAG) para protagonizar o Día das Letras Galegas de 2019.
  Na páxina deste blog para este día, temos recollidos moitos recursos e información para achegarnos á figura, personalidade e traballos de Don Antonio Fraguas, premendo AQUÍ.
 
MUSEO DO POBO GALEGO DO QUE FOI O PRIMEIRO DIRECTOR


 

8 may 2019

Lemos e coñecemos aos compositores/as!


  Desde a materia de Educación Musical e en coordinación co Equipo da Biblioteca e cos titores/as de 6º nivel, organizamos unha charla da nosa compañeira, a compositora SOFÍA ORIANA INFANTE na biblioteca do colexio co tema “Os compositores e as compositoras”. Para iso fixemos unha exposición dos fondos que contamos no colexio con libros, biografías, contos musicais, CD´s e DVD´s sobre este tema.

 Esta exposición ten como obxectivo  animar aos nenos e nenas a que lean e leven en préstamo estes materiais, que sen dúbida, os nosos alumnos/as non deben deixar de coñecer para aprender a apreciar a boa música, como moi ben lles explicou a compositora na charla, e ter cultura musical.


Nesta ligazón coa web do colexio tedes a información sobre a charla:  “Unha compositora no colexio”.


5 may 2019

Celtia: Cantamos? cos alumnos de 3º


    Os alumnos de 3º  recibiron a visita da  actriz e escritora Celtia Figueiras. No seu blog dí que "desde ben cativa os contos foron a súa paixón. Ler, escribir e interpretar formaron sempre parte da súa vida". Celtia  é autora dos textos e forma parte das voces dos contos do audiolibro Cantamos? que o  músico e titiritero  madrileño afincado en Galicia Luis Vallecillo publicou para toda a familia. Nos dous CDs do libro combínanse contos, música e pictogramas. Celtia contoulles aos nenos, entre outras, a historia do Marqués de Carabás e unha versión dos tres porquiños que remata dun xeito peculiar e da que podedes uns minutos no video co que se remata esta entrada. 

   Para o libro tamén contou coa colaboración da ilustradora Blanca Millán e  conta co apoio de pictogramas supervisados pola Federación Galega de Autismo.  

 Reseña do libro: Rosi, unha nena á que lle encantan a música e os contos descobre, a través do artista que vai dar un concerto ao seu colexio, que os contos se poden cantar!


 Os rapaces e as rapazas de 3º  remataron bailando  con Celtia a canción de Xan sen medo!