Como cada ano por estas datas compartimos a guía de lecturas recomendadas para o Nadal que elaboran conxuntamente os Equipos das Bibliotecas Escolares do concello de Ames.
(PREMEDE NAS IMAXES PARA VELAS CORRECTAMENTE)
Como cada ano por estas datas compartimos a guía de lecturas recomendadas para o Nadal que elaboran conxuntamente os Equipos das Bibliotecas Escolares do concello de Ames.
(PREMEDE NAS IMAXES PARA VELAS CORRECTAMENTE)
Na Biblioteca están expostas as creacións dos alumnos, debuxos, poemas e contos, que trocaron por libros no mercadillo da semana pasada. O telón, as portas e estanteirías están cubertos gracias á alta participación dos rapaces. Esto é unha mostra dos traballos.
Os alumnos de primaria tamén visitaron a Biblioteca para participar no mercadillo e trocar as súas creacións por libros:
Este luns 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas e nós puxemos en marcha unha iniciativa para que participase todo o alumnado do colexio: "Un mercadillo de cine". Con esta proposta os nenos tiñan que crear unha obra (dibuxo, conto, poema...) nun formato "de fotograma de cine", despois pasar pola Biblioteca e escoller o libro que máis lles gustase da exposición para trocar polo seu debuxo ou creación. Os maiores xa están pasando para os primeiros intercambios e os últimos serán os pequenos de infantil que o farán o venres. As obras entregadas están expostas na Biblio e serán posteriormente recollidas nun libro.
(Nos blogs de infantil podedes ver máis fotos das sesións premendo nestes enlaces: 4 anos e 5 anos )
Aquí temos a Leodoro que nos envía un recado para participar nunha actividade o Día das Bibliotecas. Celébrase o vindeiro 24 de outubro e se queredes conseguir un libro da biblioteca estade atentos ao que vos vai pedir en troque...
Dentro das actividades promovidas pola Biblioteca este curso volvemos aos amadriñamentos lectores. Os alumnos de 1º de primaria visitaron aos nenos de 6º de infantil para lerlles uns contos. . Recolléronos nas clases e foron ao patio buscando recantos que se prestasen á lectura. Estas son algunhas das fotos que se fixeron desta actividade. A experiencia funcionou moi ben e foi moi enriquecedora tanto para os lectores como para os que os escoitaban!
Seguindo a proposta do Equipo da Biblioteca de crear unha "maqueta" dun libro, con portada, lomo, título... os alumnos de infantil "diseñaron" estos exemplares. Algúns deles ademáis teñen dentro unha historia ou conto que inventaron e escribiron os propios nenos.
3 anos
Érica xa estivo cos alumnos de 4º do curso pasado a través dunha videoconferencia desde a súa casa.