28 oct 2018

Lecturas compartidas na Biblioteca

  Unha das actividades para conmemorar o día das Bibliotecas Escolares coas que máis disfrutamos foron as lecturas compartidas dos alumnos de 6º para os pequenos de infantil.  
 
 Os voluntarios da Biblioteca recibíronnos vestidos como personaxes dos contos, repartímonos por grupos e contaron e leron para os máis pequenos.

   Ao principio todos estaban un pouco nerviosos, pero foronse soltando e todos quedaron encantados.

 Os pequenos xa queren repetir a experiencia porque o pasaron xenial!
 

Carballos literarios na Maía

   Desde os pequenos de tres anos ata os de 6º, todos os alumnos do ceip A Maía participaron na decoración destes carballos literarios, aos que lle saen follas cos títulos de libros que nos gustaron moito.

 As árbores dos libros quedaron así, grazas tamén ao profe Moncho que os debuxou e  aos colaboradores de 6º que botaron unha man na montaxe. Grazas a todos por aportar tantas follas!




Leodoro nas clases de primeiro

    Ao longo da semana conmemoramos o 24 o día das Bibliotecas Escolares, e todo o colexio estivo implicado nas distintas actividades que fixemos. Nas aulas de primeiro, que son nenos que acaban de saír de Infantil e que xa disfrutaban da Biblioteca, pero con visitas desde o outro edificio, recibiron a visita de Leodoro que lles explicou as normas de uso e disfrute da Biblioteca e os convidou a visitarnos a miúdo. 



Outro primeiro iniciandose na Biblio

    Outro   grupo de primeiro pasando pola Biblioteca para aprender as normas e convertirse en novos usuarios.


25 oct 2018

24 de Outubro Día das Bibliotecas Escolares

 
 Hoxe conmemórase o día das Bibliotecas Escolares, e ao longo destes últimos días todo o colexio participou en varias actividades. Na seguinte entrada contaremos polo miudo como se foron desenvolvendo. Hoxe xa vos adiantamos as ÁRBORES  DOS LIBROS LEIDOS, que se fixeron tanto en infantil como en primaria. 


 Polas aulas de primeiro pasou Leodoro, a mascota da Biblioteca, para invitar aos nenos a visitarnos.
   Os pequenos de infantil foron recibidos polos colaboradores de 6º que lles contaron moitos contos nunha xornada moi interesante.

 Nas seguintes entradas contaremos como nos foi todo!.

21 oct 2018

Novos usuarios e colaboradores da Biblioteca

   Cada ano, os primeiros meses na Biblio son un rebulir de nenos e actividades, sobre todo para organizala e poñela a funcionar con xente nova (tanto alumnos como profes). A maioría xa coñecen a Biblioteca desde Infantil, pero ao estar en distintos edificios o seu uso e disfrute non era posible cada día como agora
  
 Unha das actividades que facemos é explicarlle as normas aos novos usuarios que se incorporan en primeiro para que sexan autónomos na busca e petición de libros


   Tamen se estiveron a formar os equipos de colaboradores que os acompañan e axudan durante os recreos. Como sempre, agradecelles que nos cedan parte do seu tempo participando no bo uso da Biblioteca.