19 may 2015

un mar de persoeiros nas letras galegas


    Para conmemorar o Día das Letras Galegas seguimos a proposta do Equipo de Dinamización Linguística que nos pasou un listado cos persoeiros de edicións anteriores. Tratábase  de facer  un barquiño de papel en cada clase no que tíñamos que poñer o nome dun dos escritores ou escritoras homenaxeados. Despois seleccionamos un poema ou unha frase de cada autor, que escribimos nos paneis das entradas tanto en infantil como en primaria... 

 E  así foi como o mar  rematou cheo de barcos nos que navegaban AS NOSAS LETRAS.



  Neste video están colocados seguindo a liña temporal  na que foron nomeados:

 

16 may 2015

Letras galegas 2015: Filgueira Valverde


 
   Xosé Fernando Filgueira Valverde naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finou na mesma vila o 13 de setembro de 1996, foi un historiador, arqueólogo, antropólogo e escritor polígrafo galego, de abundante produción literaria e humanística. Estudou o bacharelato na cidade, onde foi discípulo de Losada Diéguez e Castelao. E  Filosofía e Letras e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e Zaragoza.
   
     Cofundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. Persoa de fonda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa nunha época na que as institucións que hoxe cumpren esa función non a cumprían ou non existían.
   Adícaselle o Día das Letras Galegas de 2015 polo seu traballo divulgativo da lingua e da cultura galega.

  A través destes videos, e de moitos máis que están na rede, podemos achegarnos á súa figura:

  •     Materiais da exposición no Museo de Pontevedra "Xosé  Filgueira: un faro na construcción de Galicia"
  • Contextualizando a Filgueira Valverde: un documental no que interveñen familiares e amigos, historiadores e investigadores para explicar e coñecer a persoa e o escritor...
    • outro documental atopado en galicia dixital no que ademáis podemos oir a Filgueira
    • e, feita por Bibliomuriel, esta presentación cunha escolma de poemas :
     


    biografía intelectual de Filgueira Valverde


    4 may 2015

    Rosalía de Castro: unha galega en Venus!


        Venus, o segundo planeta desde o sol é moi parecido á Terra por tamaño e composición, e desde 1994 ten un crater que se chama  Rosalía  de Castro. 
        A historia, que me enviaron onte, de cómo o nome da nosa escritora chegou a Venus,  é esta: resulta que dende fai máis de 40 anos a UAI, que ven sendo a  Unión Astronómica Internacional  tomou a decisión de bautizar os accidentes xeográficos (cráteres, montes, coroas...) do pequeno planeta próximo ao Sol con nomes de muller, dende deusas e outros seres de ficción, a persoeiros históricos. Fixeron unha convocatoria dirixida a astrónomos afeccionados na que solicitaban suxestións de nomes de mulleres cunha traxectoria importante no mundo da cultura.
        
    imaxe de Venus enviada pola sonda Magallanes en 1994
      
    imaxe do crater Rosalía de Castro
     O Taller de Astronomía do Instituto Fernán Esquío de Neda,  presentou a proposta de darlle o nome de Rosalía de Castro a un dos cráteres, e acompañaron a petición cunha biografía da poetisa.
     
    E resulta que o Director do Taller, Henrique Pujales, recibeu un escrito da UAI comunicándolle-la aceptación da súa proposta e indicándolles que o cráter Rosalía de Castro tiña 22,9 Km de diámetro e estaba situado no punto de latitude 3,4 graos Norte e de lonxitude 233,9 graos.




    Así que agora "hai un galego na Lúa" ...  e unha galega en Venus!



    1 may 2015

    visita de Jacobo Fernández Serrano

        Dúas formigas, paseando polo campo, atoparon unha gran pedra e mentras descansaban ao seu carón oíron unha voz de rapaza que viña da pedra... Este é o comezo de "A pedra e as formigas" un libro, dirixido a lectores avanzados de sete anos en diante, escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano. O autor estivo no colexio o martes 19 de abril cos alumnos de 1º e 2º.
        
          Para saber máis de Jacobo premede nestes enlaces:  co seu blog e coa súa páxina en edicións Xerais



        Os de 1º lemos os cómics de Marcopola, gustáronnos moito e aprendemos moitas cousa. Jacobo explicounos como se fai un cómic,  fíxonos debuxos de Marcopola, unha serie de cómics sobre unha illa illada no medio do océano que se aburría moito ata que un estraño obxecto apareceu na súa praia e preguntounos qué queríamos que pasase no seguinte capitulo.


     












        Os de 2º lemos o libros de “A pedra e as formigas” unha divertida fábula de animais que trata sobre a amizade, e onde as cancións e adiviñas teñen un papel destacado para desvelar a intriga.  Gustounos moito o libro e tamen que un escritor e ilustrador viñese a contarnos como se fai un libro e que nos preguntara quén queríamos que fora o protagonista no seu próximo libro.    

      Neste video están as fotos da sesión cos alumnos aos que ademáis lles adicou os libros que lle levaron.

     Estas son algunhas das cousas  que os alumnos escribiron para contar a experiencia.





    25 abr 2015

    día do libro

       Con motivo do DÍA DO LIBRO  no colexio fixemos distintas actividades. Participaron maiores e pequenos, algúns por primeira vez. Todas as aulas se implicaron dun xeito ou outro.  Entre elas (e só poño algunhas) están estas:  

    (Se premedes nos enlaces podedes ver as entradas nos blogs do colexio nas que se conta con máis detalle as actividades realizadas)





       Inauguramos o FARO da BibliotecaUn faro que xurde da frase coa que nos agasallou Agustín Fernández Paz:  “Onde hai unha biblioteca, hai unha luz que traspasa todos os muros. Coma un faro, expande ao seu redor ondas de imaxinación e liberdade”. Dedicámosllo a él que este ano é candidato ao Nobel de Literatura!. E acaba de publicar un novo libro: "A neve interminable", unha narración onde o misterio ocupa un lugar central.


       Os pequenos de 3 anos fixeron o seu primeiro MARCAPÁXINAS.  Esperamos que se aficionen á lectura e disfruten con ela. Tamén asistiron a unha sesión de Kamishibai e escoitaron na Biblioteca "O soldadiño de chumbo" leido pola profe Rosana.



     Os alumnos de infantil  visitaron o faro. 

      As aulas dos maiores de primaria, coordinados na hora de ler pola profe Ana,  iniciaron as sesións de AMADRIÑAMENTOS LECTORES   que continuarán nos vindeiros días.

      Tanto en infantil (premer AQUÍ) como en primaria (PREMER AQUÍ) dibuxaron as portadas dos libros que alumean as nosas noites, os que máis nos gusta que nos lean antes de durmir no caso dos máis pequenos e cos que disfrutamos lendo xa sós os de primaria. Colocámolas nos faros que están polos corredores indicando título e autor.


    23 abr 2015

    O FARO DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

        Colocamos un faro de madeira á porta da Biblioteca en consonancia ca frase coa que nos agasallou Agustín Fernández Paz e que temos escrita nas paredes da biblioteca. Adicámoslle esta entrada xa que en parte é o culpable de que enredaramos con esta historia... A frase daba pé!. Desde o equipo de dinamización da Biblioteca quentámoslle a cabeza a quen se puxo por diante: directora, carpinteiro, compañeiras que sin estar no equipo colaboraron en pintar e aportaron suxestións e moitas horas de traballo polas tardes....  E menos mal que Agustín só falou dun faro! No video máis abaixo está o proceso.
       As luces deste faro de terra adentro prenderanse por primeira vez o 23 de abril DÍA DO LIBRO para alumearnos o camiño a un mar de libros.


    Quedades convidados a seguir as luces do faro! 



       No video vese o proceso de construcción desta estructura que tamén xerou a idea de que os rapaces fixesen as portadas dos libros que alumean as súas noites, libros que lles gusta ler ou escoitar antes de durmir. Con esas portadas decoramos os faros colocados polos corredores do colexio. (Na seguinte entrada porei os faros de papel tanto do edificio de infantil como de primaria).

    21 abr 2015

    A CDU NA BIBLIOTECA


       Teredes observado o curso pasado o "tren" que pegamos na Biblioteca, na parede dos ordenadores, e máis a sinalización de cores e grandes números nos andeis. Trátase da adaptación á biblioteca escolar do sistema internacional de organización dos fondos bibliotecarios. Nesta presentación  explicamos como funciona. O día 23 de abril durante a Hora de Ler proxectarémola nas aulas na pizarra dixital e tamén na pantaia da entrada do cole. Trataremos así de que os nenos entendan como están organizados os fondos segundo a temática, de xeito que cando busquen un libro saiban como atopalo. A presentación estará tamén no canal de You Tube da Biblioteca e na páxina da guía de usuarios que atoparedes nas pestanas de arriba, para que vos sexa máis doada de atopar.


    A sinalización da CDU nos andeis.

    Os tejuelos cos códigos.