Festival da Intercultura
Ao longo destas últimas semanas, os nenos de primaria, coa colaboración de profesores e pais, estiveron a traballar sobre a INTERCULTURALIDADE.
"Por enriba de tódalas fronteiras,
Por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son iguais,
coma irmáu che falo"
“Irmaus” en “Longa noite de pedra”
Celso Emilio Ferreiro
Todos os días, na Biblioteca e durante o recreo, están a facerse lecturas de contos de outros paises por parte dos nenos.
Na entrada do edificio de primaria a mán dereita está instalada a exposición FOTOGRÁFICA "A MIRADA DE ÁFRICA" de Manuel González Vicente
Na entrada do edificio de primaria a mán dereita está instalada a exposición FOTOGRÁFICA "A MIRADA DE ÁFRICA" de Manuel González Vicente
Polos diferentes corredores e espazos do colexio, estiveronse montando exposicións sobre:
- MARRUECOS (no ximnasio)
- INGLATERRA (aula de Inglés de primaria) 1ª planta
- SUÍZA (sala de usos múltiples 2º D) 1ª planta
- CUBA (aula de Música) 2ª planta
- PARAGUAY (aula de informática II) 2ª planta
- MÉXICO (aulas de atención educativa I e II) 2ª planta
- Tamén se instalou outro sobre GALICIA (na Sala de Profesores) 2ª planta
Todos estos stands podedes visitalos
este venres 27 desde as 9:15 ata as 12:30
O festival da intercultura para pais e nais
será a primeira hora, de 9:15 ata as 10:30
De 12:30 a 13:15 haberá merenda
cos postres típicos dos distintos países no patio cuberto
De 13:15 a 14:00 os alumnos e alumnas rematarán
cunha muiñeira colectiva e cantando o himno galego
De 12:30 a 13:15 haberá merenda
cos postres típicos dos distintos países no patio cuberto
De 13:15 a 14:00 os alumnos e alumnas rematarán
cunha muiñeira colectiva e cantando o himno galego
No hay comentarios:
Publicar un comentario