páxina da escritora |
Acaba de fallarse estos días en Basilea o Premio Hans Christian Andersen, o recoñecemento máis importante a nivel mundial dentro do xénero da literatura infantil e xuvenil. Lembramos que Agustín Fernández Paz era o candidato de España para o que se considera o Nobel da Literatura Infantil e Xuvenil
Concedeuselle á escritora arxentina María Teresa Andruetto.
O premio entrégase cada dous anos a un escritor e a un ilustrador, cuxos traballos completos fagan unha contribución fundamental ao campo da literatura infantil e xuvenil. O premio deriva do nome do escritor danés Hans Christian Andersen e os gañadores reciben unha medalla de ouro e un diploma das mans da raiña de Dinamarca.
O premio entrégase cada dous anos a un escritor e a un ilustrador, cuxos traballos completos fagan unha contribución fundamental ao campo da literatura infantil e xuvenil. O premio deriva do nome do escritor danés Hans Christian Andersen e os gañadores reciben unha medalla de ouro e un diploma das mans da raiña de Dinamarca.
A construción da identidade individual e social, as secuelas da ditadura en Arxentina e o universo feminino son algúns dos eixos da súa obra. A escritora, traballou na formación de mestres, fundou centros de estudo e revistas especializadas en literatura infantil, dirixiu coleccións e participou en plans de lectura. Cunha traxectoria de 30 anos, Andruetto é profesora invitada en numerosos espazos de formación , e expositora en congresos, seminarios, feiras e xornadas, no país e o estranxeiro.
Está asimesmo incluída na Lista de Honra de IBBY -organización internacional que fomenta o entendemento entre nacións a través da literatura infantil-; e, en 2009, recibiu o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil que tamén gañaron os galegos Agustín Fernández Paz no ano 2011 e Xoan Farias no ano 2005.
Andruetto é autora de contos infantís como "A nena, o corazón e a casa", "Solgo", "A dormente", "Campión", "O incendio", "Auga Cero", "Trens. Unha historia de amor para nenos" e "A árbore de lilas". Entre as súas novelas xuvenís, figuran "Veladuras", "O país de Juan", "Benjamino", "A muller vampiro", "Stefano", "Pegadas na area" e "O anel encantado".
Os seus libros, publicados por Edelvives, Suramericana - Random House Mondadori, Alfaguara e outras editoriais prestixiosas, son materia de estudo en universidades nacionais, americanas e europeas.
Outros premios da autora son:
No hay comentarios:
Publicar un comentario