Hoxe, no paseo central da Alameda, arrancou a XXXI edición da Feira do Libro de Santiago onde estará instalada ata o vindeiro 6 de maio.
Os discursos inaugurais na presentación da feira estiveron a cargo do escritor Víctor Freixanes e o alcalde de Santiago Ángel Currás e participaron membros da Asociación do Traxe Galego.
A feira estará aberta en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 21.00, prolongándose media hora máis os fins de semana e festivos. Durante a feria as casetas, coma sempre, ofrecerán ao público os libros con un 10% de desconto e unha serie de actividades lúdicas que se desenvoverán no Paseo da Alameda, baixo unha carpa. (Espero que fose o bastante resistente para soportar a treboada que caeu pola tarde).
Do programa de actividades destácovos as adicadas a un público máis infantil e xuvenil:
- este domingo as 18:00 horas teredes un obradoiro de contacontos a cargo de Boniface Ofogo narrador senegales que asinara o seu libro "O león Kandinga" editado por Kalandraka.
- tamén este domingo ás 19:00 presentaranse as novidades editoriais: "o renacer da literatura fantástica en galego" a cargo de Urco Editora e Contos Estranos Editora. Os aficionados ao fantástico botade un ollo, xa que por alí andaba hoxe o escritor Fernando Cimadevila co seu libro "O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños"
- o luns as 19:00 presentarase o libro 100 anos do himno de Galicia coa participación do escritor Xosé Neira Vilas que ao remate asinará exemplares da súa obra
- o martes as 18:00 horas teñen previsto un obradoiro de baile e xogos tradicionais con Cantigas e agarimos
- o xoves as 18:00 Monicreques Cascanoces amosará "un conto de sempre".
- o venres as 18:00o mesmo grupo representará "o pequeno cabaret dos tolos"
- o sábado as 12:30 presentarase a colección "Cociña infantil e familiar" da editorial Ouvirmos con cursos de cociña pola mañán e a tarde.
- domingo ás 18:00 Paula Carballeira e un representante de Kalandraka presentan o seu album "O principio" unha historia de guerra e esperanza ilustrado por Sonja Danowski.
A Leodoro picoulle a curiosidade, coma ao gato, e xa foi dar unha volta pola feira e veu cousas moi interesantes!. Pasade vos tamén , que sempre se pode facer un oco para un novo libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario