"InnovArte Infantil" premio Francisco Giner de los Ríos
A nosa compañeira de Infantil Isabel Abelleira e a súa irmá Ángeles Abelleira (do CEI do Milladoiro), acaban de recibir polo traballo realizado no seu blog "Innovarte Educación Infantil", un prestixioso recoñecimento educativo de ámbito estatal, o premio Francisco Giner de los Ríos,
que por segundo ano consecutivo ven para Galicia. Este galardón otórgase a traballos e experiencias pedagóxicas de profesores pola mellora da calidade educativa.
Noraboa polo premio!
Para os que aínda non coñezades o blog, Isabel e Ángeles seguen un esquema no que teñen as entradas clasificadas según varias categorías:
-ActualizArte: publicacións, artigos e blogs relacionados coa etapa infantil
-CautivArte: actividades relacionadas coa arte, con artistas e sobre a experiencia plástica e artística.
-ContArte: publicacións de literatura infantil.
-EmocionArte: actividades que inciden nos aspectos emocionales.
-FamiliarizArte: apartado que contempla información de interés para as familias.
-FormArte: oferta formativa para os profesionais da etapa
-InformArte: noticias de actualidade na educación infantil.
-MirArte: centrado na alfabetización visual.
-MusicArte: experiencias de aula e recursos relacionadas coa música.
-RebelArte: contra inercias nas prácticas escolares ou na conciencia ciudadana sobre a infancia.
-TicArte: aplicacións informáticas, recursos web, o experiencias de aula que contemplen o uso das TIC
-Recomendarte: publicacions da Xunta de Galicia dirixidas a profesorado de educación EI
-Gallego: acceso ao blog en lingua galega.
-LegislArte: enlaces á lexislación en vigor en Galicia para la etapa infantil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario