Hoxe estivemos con Agustín Fernández Paz na Feira do Libro, na Alameda de Santiago, facendo cola para que nos asinase algúns exemplares da súa obra. A pesares do frío que facía, (agora dín que só era sensación térmica, pois non ... era FRIO!) Agustín atendeu amablemente a todos cantos alí nos achegamos, pertrechado coa súa bufanda, detrás dunha mesa chea de rotulas de cores para facer as adicatorias e parándose especialmente cos rapaces e rapazas. Do noso cole, lembrou a perfumada e impresionante entrada chea de glicinias (e por eso lle poño aquí unha foto, magoa que non teñamos moitos máis espazos verdes!). Falamos da apropiación literaria pola vía do cariño que os lectores máis novos (cando estaban en infantil e que este curso están en primeiro), lle fixeran ao personaxe do trasno Derdrín, protagonista da obra "No corazón do bosque" e que nós fixemos parente lonxano de Leodoro... o noso trasniño lector. Moitas gracias pola licencia e pola paciencia!
Páginas
- Páxina principal
- Galería fotos colexio
- Guías de lectura
- Editoriais
- Guía de usuarios
- Xornais do mundo
- Symbaloo
- Autores e ilustradores
- Recursos na rede
- Revistas escolares
- Aviso: dispositivos bio-ópticos
- Alumnos
- Lectores-autores
- Seguridade na rede
- Historias de libros
- O IES DE AMES
- Documentos
- Libros que nos gustan!
- Apoiando ás unitarias
- A PAZ NON É COUSA DE UN DÍA!
- A PAZ NAS BIBES DO PLAMBE
- O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG
- BIBLIOTECAS DE AMES
- DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
30 abr 2013
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ NA FEIRA DO LIBRO EN SANTIAGO 2013
Hoxe estivemos con Agustín Fernández Paz na Feira do Libro, na Alameda de Santiago, facendo cola para que nos asinase algúns exemplares da súa obra. A pesares do frío que facía, (agora dín que só era sensación térmica, pois non ... era FRIO!) Agustín atendeu amablemente a todos cantos alí nos achegamos, pertrechado coa súa bufanda, detrás dunha mesa chea de rotulas de cores para facer as adicatorias e parándose especialmente cos rapaces e rapazas. Do noso cole, lembrou a perfumada e impresionante entrada chea de glicinias (e por eso lle poño aquí unha foto, magoa que non teñamos moitos máis espazos verdes!). Falamos da apropiación literaria pola vía do cariño que os lectores máis novos (cando estaban en infantil e que este curso están en primeiro), lle fixeran ao personaxe do trasno Derdrín, protagonista da obra "No corazón do bosque" e que nós fixemos parente lonxano de Leodoro... o noso trasniño lector. Moitas gracias pola licencia e pola paciencia!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario