Manuel Álvarez Torneiro xornalista e poeta galego nado na Coruña no ano 1932 acaba de ser galardonado co Premio Nacional de Poesía pola súa obra "Os ángulos da brasa" publicado pola Factoría K de Kalandraka. Este premio, que está concedido polo Ministerio de Educación, Cultura y
Deporte é a primeira vez que e concedido a un poeta galego. O libro
“Os ángulos da brasa” xa tiña recibido o pasado ano o Premio de la Crítica Española e o Premio Ánxel Casal de Poesía da Asociación
Galega de Editores así coma tamén o Premio da Asociación de Escritores en Lingua
Galega 2013.
Para saber máis sobre Manuel Álvarez Torneiro clicade AQUÍ para entrar na Biblioteca Virtual Galega: atoparedes a súa autobiografía, obras e novidades.
Tamén vos poño esta breve presentación para saber máis sobre o poeta premiado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario