Co lema "O CONTORNO COÑECIDO É O MÁIS QUERIDO" iniciamos no Ceip A Maía un novo curso cheo de espectativas interesantes e desde a Biblioteca intentaremos ofertar proxectos que se encaixen dentro de este tema. Sempre é máis interesante partir do coñecemento do que temos a carón para máis adiante abarcar outras cousas:
Non podemos pretender concienciar ós
nenos de que coiden o planeta , se desde
pequenos non lles facemos ver a necesidade e a realidade de pequenos proxectos
no seu propio entorno tanto físico coma socio-cultural.
Pensando en pequeno, faremos que os nenos de hoxe pensen en grande o día de mañá…
A palabra edificio quere dicir facer lume (do indoeuropeo æde, lume e do latín facere, facer), o que non debe estrañar cando se segue dicindo fogar á vivenda. Da orixe do nome parece desprenderse que os primitivos serviron para albergar o lume, evitando que o apagasen a choiva ou o vento, pois non era sinxelo acendelo. Agora mesmo somos testemuñas da construcións de edificacións verdes, en consonancia co medio ambiente. “Vivir amigablemente” é o lema que promoven os promotores destas construcións, co obxectivo de preservar a saúde do ser humano e protexer o ecosistema.
Hai que buscar a harmonía entre os edificios e os seus ocupantes, tanto nas vivendas coma nos centros educativos, reducindo ou eliminando o impacto negativo que teñen as construcións no medio ambiente.
O ambiente de aprendizaxe é algo máis que
un edificio, unha disposición do mobiliario ou unha colección de centros de
interese. O centro escolar debe funcionar como un ERGOSISTEMA SAUDABLE no que
as interaccións entre o contorno e as persoas se desenvólvan de xeito frutífero,
pedagóxico e seguro .
En cambio no noso caso parece
claro que a presión sobre o centro favoreceu as consecuencias tráxicas da urbanización
no contorno escolar: máis nenos fixeron necesarios máis edificios e polo tanto
reducíronse cada vez máis os espazos verdes… Por eso temos a obriga de conseguir
un entorno escolar de calidade medioambiental:
Conservamos
só o que amamos
amamos só o que entendemos
entendemos só o que nos enseñaron.
amamos só o que entendemos
entendemos só o que nos enseñaron.
Por outra banda o concello de Ames ten na súa web esta interesante páxina que nos achega tanto ao contorno físico como ao patrimonio socio-cultural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario