Ángela Ruiz Robles foi unha mestra galega que deseñou a primeira Enciclopedia Mecánica en 1949. Esta muller nada en León, que daba clase no Ferrol, inventou esta máquina para os seus alumnos, xa que lle parecían un atraso os métodos da época e que tivesen que ir cargados de libros.
Este aparello, precursor dos eBook, constaba dunha serie de paneis con bobinas nos que se incluía o inglés e o francés e a asignatura a traballar e no que o mestre tamén podía anotar. Tiña un sistema mecánico, eléctrico e a presión de aire.
A Enciclopedia Mecánica está considerada por moitos como o primeiro libro electrónico. "Facendo presión en abecedarios e números formábanse sílabas, palabras e
leccións. A segunda, funcionaba con bobinas, cada unha dedicada a unha
materia. Todo baixo unha lámina transparente e irrompible, con cristal
de aumento. E con luz, para que se puidese ler na escuridade. Ademais,
podía incorporar son coas explicacións de cada tema. Todo no tamaño dun
libro, «de facilísimo manexo e peso insignificante», describía a propia
autora.
Hoxe Google recorda a esta muller cun doodle. Se premedes nel podedes ver máis información sobre esta muller, unha auténtica precursora....
Angela Ruíz Robles |
Dona Angela tivo importantes ofertas do estranxeiro para mercarlle a patente, pero ela sempre quixo que o seu invento quedase no noso país... O Ministerio de Educación aproboulle o proxecto, máis non consigueu financiación. Premiada e recoñecida numerosas veces, dentro e fora, sempre quixo que fora España quen se beneficiase do seu invento PERO...
dunha entrevista en 1958 |
1949: Ángela Ruiz Robles (1895-1975) patenta a súa "Enciclopedia Mecánica" en España
1971: Michael Hart lidera o proxecto Gutenberg que dixitaliza libros para ofrecelos gratis
O prototipo da Enciclopedia que se construeu no Ferrol e que creo que agora está no MUPEGA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario