Mostrando entradas con la etiqueta ciencias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencias. Mostrar todas las entradas

12 mar 2021

Retratos de mulleres: un traballo sobre o Día internacional dende 4ºD

Para o Día da muller e nena na ciencia, conmemorado o día 11 de Febreiro, os nenas e nenas da clase de 4ºD decidimos tomar axuda de dous libros da biblioteca do centro  para informarnos acerca das mulleres máis relevantes dos séculos XX e XXI e incluso dalgunha da antiguedade que, sen dúbida, causaron grandes rupturas e cambios de cara a ciencia e a investigación. Logo seguimos traballando e ampliando o tema pensando no 8 de marzo, Día Internacional da Muller

Os libros que tomamos como estandarte foron Las chicas son guerreras: 26 rebeldes que cambiaron el mundo” de Sergio Parra e “Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes” de Elena Favilli

Para fusionar a lectura e traballo de investigación didáctica así como fomento do debate coa área de artística, aproveitamos os belos retratos que amosan os libros e decidimos que cada neno elixise o seu retrato favorito e o debuxase, tendo en conta que tiña que ser un debuxo a man alzada, tomando como referencia os retratos mais sen calcalos. Tiveron lugar retratos de científicas, arqueólogas, astrónomas, pensadoras, escritoras, compositoras, diseñadoras…incluso cantantes e musicólogas!.  Ningunha ciencia quedou rezagada.

Ademais disto, deberían poner a frase máis representativa de cada muller que tiveran elixido no mesmo debuxo.


Este proxecto tiña como obxectivo o desenvolvemento artístico e busca da creatividade dos nenos e nenas así como a interiorización e aprendizaxe da importancia que ten o movemento feminista na ciencia e investigación, así como reafirmar o debate de  que aínda queda un longo percorrido por diante para que se consiga a total igualdade e relevancia social das mulleres no mundo.

 Decidimos colgar estes retratos realizados polos nenos e nenas na cristaleira do centro, cousa que sempre motiva máis aos alumnos e as alumnas para seguir traballando neste tipo de proxectos. Poodedes velo premendo  AQUÍ en issuu e nesta montaxe.






11 feb 2021

Día Internacional da muller e a nena na Ciencia

  Hoxe, no Día Internacional da muller e da nena na Ciencia  desde as Concellerías de Promoción Económica e de Igualdade, publicaron este video para darlle visibilidade á labor que pequenas e grandes realizan xa mesmo e poden realizar no futuro neste sector. Dan a súa opinión mulleres de Ames: alumnas dos IES do Milladoiro e Ames coas súas profes, dos coles de Barouta, Ventín, Agro do Muiño e do noso Ceip A Maía (Aldara e Candela de 4º).

  A idea xeral que aportan entre todas é moi interesante: "aínda que é importante visibilizar e valorar o traballo das mulleres científicas, non é cuestión de celebrar un só día, senón facelo tódolos días, sin diferenciar entre nenas e nenos, para conseguir un equilibrio no que primen sobre todo as capacidades. E sobre todo, como dí unha delas, que che guste a Ciencia"

 


   Como exemplo da labor das mulleres na Ciencia, podedes ler este artigo na páxina da ONU sobre "as mulleres científicas, líderes na loita contra o COVID-19". Fala do papel crucial das investigadoras nos diferentes frentes da loita contra o virus, desde los avances no seu coñecemento hasta o desenvolvemento de técnicas para as probas de detección e as vacunas. LER MÁIS  PREMENDO AQUÍ+

11 jun 2016

O libro da vida con Angel Carracedo


  O  venres o profesor ANGEL CARRACEDO  foi o encargado de falarlles aos afortunados alumnos de 6º  dun libro moi especial: O LIBRO DA VIDA. Un libro con só catro letras: A, C, G, T.... Mantivo con eles unha charla co título: "XENES: E ESO QUÉ VEN SENDO?".Chegaron ata a molécula máis importante dun ser vivo, a que contén toda a súa información xenética...


 Profesor do Departamento de Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses, o científico galego con maior proxección internacional e unha eminencia en Xenética con numerosos premios entre eles o Premio Nacional de Xenética 2015, fixo un alto na súa axenda para vir de novo ao noso colexio.
  
  Catedrático de Medicina Legal e Director do Instituto de Medicina Legal da USC (desde 1994 hasta 2012). Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia), Director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII. Xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela....
 

Ler MÁIS e ver o VIDEO da visita na web do colexio PREMENDO AQUÍ.

6 mar 2016

Día da muller traballadora: 8 de marzo

    Un dos primeiros traballos fora da casa que se lle permiteu ás mulleres foi o de mestra, e está aquí reflectido no cadro da pintora galega  Xulia Minguillón "A escola de Doloriñas"

    Moitos artistas galegos, homes e mulleres,  puxeron nos seus lenzos os traballos que realizaban as mulleres, sobre todo no campo e no mar. Aquí neste video póñovos unha moi pequena mostra. Non están todos e todas as que son, pero si son todos os que están:
 
premer AQUÍ
  Na literatura infantil e xuvenil tamén temos moitos libros que nos fan ver outras perspectivas  do traballo femenino. Neste pinterest que fixo a profesora Asun García  podemos ver a mostra que recopilou. Premede na imaxe para acceder.
premer AQUÍ
   E neste outro pinterest que recopilei, podedes ver unha serie de mulleres, algunhas moi coñecidas e outras non tanto, que dedicaron a súa vida á Ciencia en todas as súas ramas: astronomía, física, bioloxía, botánica, matemática, medicina...
 
premer AQUÍ para ver quen son estas mulleres

   Para saber máis cousas das mulleres galegas podedes curiosear neste enlace co Consello da Cultura galega. O Álbum de mulleres é un proxecto da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. Esta elabora vías e medidas que desde un enfoque de xénero permiten pór en valor e dar visibilidade ás contribucións das mulleres en todos os ámbitos de relacións sociais.


 

9 nov 2014

MES DA CIENCIA EN GALEGO

   Novembro é o mes da ciencia en galego e na Asesoría de bibliotecas escolares realizaron esta recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego. Está posto a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencias  e  experiencias realizadas a través das bibliotecas dos centros escolares etc. Premede na imaxe de abaixo para ver todos esos recursos que nos ofrece a Asesoría.

     Pola nosa parte, desde o Equipo de Dinamización da Biblioteca propuxémoslles aos alumnos que realizasen un traballo sobre ARTE XEOMÉTRICO partindo de imaxes que sacamos dos libros do noso fondo. Pronto poñeremos aquí o resultado de esta actividade.
RECOPILACIÓN DE MATERIAIS DE CIENCIA EN GALEGO