Os alumnos e as alumnas de 2ºA lembraron a Agustín Fernández Paz lendo o seu libro "No corazón do bosque" e realizaron un mural sobre as Fragas do Eume no que reflectiron o que averiguaron sobre este bosque orixinario poboado de castiñeiros, ameneiros e carballos. Coñeceron as especies animais e vexetais máis representativas e lembraron o incendio do 2012 que case destrue esta xoia da paisaxe galega.
Sinopse do libro editado por Xerais: "Raquel, unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de
excursión en autobús aos bosques do río Eume. Alí pasaron un día
marabilloso. Explorando as ruínas dun mosteiro abandonado, e
adentrándose no bosque para coller castañas e levalas a casa. Cando
regresou, Raquel contoulles aos seus pais as aventuras, e foise esgotada
para a cama. Entón escoitou uns ruídos..." LER MÁIS+
No hay comentarios:
Publicar un comentario