Estos días imos ter que estar pechados na casa para loitar contra o coronavirus, pero desde aquí imos intentar abrir moitas VENTANAS AO MUNDO a traves das Bibliotecas que ofrecen libremente os seus fondos.
Estas son algunhas, pero son moitas máis. Intentaremos incorporalas nesta lista....
A BIBLIOTECA DIGITAL MUNDIAL que
conta co apoio da UNESCO ofrece acceso gratuito a mapas,
manuscritos , libros raros e fotografías e outros documentos de interés
cultural.
BIBLIOTECA DIGITAL MUNDIAL |
GALICIANA é a Biblioteca Dixital de Galicia e pretende recuperar, conservar e difundir o Patrimonio Bibliográfico de Galicia e contribuir ao coñecemento e investigación da lingua, a historia e a cultura galega
premer aquí |
O PROXECTO GUTEMBERG é a Biblioteca dixital máis antiga, unha das maiores redes de libros dixitais do mundo con case 50.000 obras en 60 idiomas que poden ser descargadas ou lidas online
PROXECTO GUTEMBERG |
A BIBLIOTECA EUROPEANA na que podes explorar case 60 millós de obras de arte, libros, videos e sons de toda Europa...
BIBLIOTECA EUROPEANA |
HISPANA é o portal de acceso ao Patrimonio cultural e reune coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos españois.
premer para acceder a Hispana |
A BIBLIOTECA DIGITAL HISPÁNICA dispón dun amplio repositorio de documentos dixitalizados: libros, manuscritos, fotografías....
premer para acceder á Biblioteca Digital Hispánica |
A BIBLIOTECA DIGITAL MIGUEL DE CERVANTES ten un fondo bibliográfico de libre acceso con obras de literatura, ciencias, historia...
Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes |
Con case dous millóns de páxinas, a BIBLIOTECA DO REAL JARDÍN BOTÁNICO, contén facsímiles, informes sobre biodiversidade vexetal, historia da Botánica, informes sobre as expedicións científicas...
Biblioteca do Ral Jardín Botánico de Madrid |
Ver o listado que fixo Julian Marquina con 22 grandes bibliotecas dixitais en España e nas distintas Comunidades....
No hay comentarios:
Publicar un comentario