Unha vez reunido o equipo da Biblioteca e despois co acordo do Claustro, decídimos que de momento este curso non poderemos empregar a biblioteca tal como se viña facendo ata agora por varios motivos:
1. O principal é pola seguridade do alumnado, xa que no colexio estanse a realizar obras dende o curso pasado. Estase construíndo un novo espazo de comedor, polo que nos vimos na obriga de ceder o espazo físico da biblioteca para os usuarios do mesmo e facer o traslado provisional a un espazo novo. O novo espazo que tiñamos ata agora destinado á biblioteca é moi reducido e non podemos manter as distancias de seguridade establecidas no protocolo Covid-19.
2. O que sí realizaremos será o préstamo de libros físico para as aulas, para os mestres que o desexen, onde serán os propios titores os encargados de regular o seu uso atendendo ás normas sanitarias derivadas da situación epidemiolóxica na que estamos inmersos.
3. A biblioteca escolar intentará adaptarse á nova situación incorporando ao noso fondo libros dixitais e celebrando as diferentes conmemoracións establecidas no calendario escolar regulado pola ORDE do 25 de xuño pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/ 2021 nos centros sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
4. As actividades que se propoñan dende o equipo de biblioteca para a celebración de ditas conmemoracións serán de xeito telemático para o que se empregarán tanto este blogue como a web do centro ou aulas virtuais.
5. Por outra banda ao reorganizar as sesións lectivas para incluír un tempo específico para tarefas de hixiene, aseo e desinfección, houbo que prescindir do tempo "específico" para a “Hora de ler”, pero cada titor buscará en que sesión lectiva (relacionada coas linguas) acae mellor facela, polo que terá que ser integrada nesas horas lectivas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario