Unha das normas de uso da Biblioteca é gardar o debido silencio e manter unha actitude de respeto polos compañeiros. Pero esto non é só na Biblioteca: na aula de 4º D os alumnos e alumnas están de maneira constante traballando e
creando debate acerca da importancia da empatía e de “poñerse nos zapatos dos
demais” pero quizais non fixeran demasiado fincapé no tema do “silencio” e a
súa importancia para manter a calma e o ritmo das clases dunha maneira fluída e
sen rexeitar nunca a espontaneidade por suposto. Decidiron entón analizar o
porqué do interés do silencio e de falar soamentes cando poidamos melloralo e
cando debamos, priorizando sempre escoitar aos demais.
Por iso decidiron empregar, coma de costume, a narración e a poesía e fixeron uns traballos moi fermosos e creativos reflectidos nesta montaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario