O alumnado de 5º e 6º fixo unha lectura do libro "Sucedeu
no camiño primitivo" de Xosé A. Perozo, no que a partir dun suposto
achádego na Catedral de Oviedo se van comparando a época medieval e a actualidade. O texto recolle a viaxe fundacional das peregrinacións a Compostela desde
Oviedo, realizada no século IX polo rei Afonso II o Casto. A obra segue a unha parella de investigadores, que deciden
repetir a andaina e comparar o pasado medieval coa realidade presente.
Os alumnos e alumnas investigaron sobre este antigo itinerario a
Santiago de Compostela e encheron de murais co resultado do seu traballo
os corredores do segundo andar do colexio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario